Áreas de traballo

Infraestrutura verde e servizos ecosistémicos
A infraestrutura verde é un marco de ordenación de especial interese para o grupo dende fai anos. Actualmente con particular interese por afondar na planificación de servizos ecosistémicos específicos ou na dimensión social da infraestructura verde.
Ciencia de xeodatos
O gran volume de datos propios que produce o laboratorio ofrécenos unha vantaxe á hora de modelar, simular e reinterpretar as dinámicas presentes nos proxectos de investigación. Isto compleméntase co desenvolvemento de novas ferramentas e infraestruturas propias orientadas ao procesado de información espacial.


Ordenación e transición territorial
Artella entre outras, actividades relacionadas coa ordenación e planificación territorial, con especial interese no medio rural ou na monitorización de recursos para a formulación de estratexias de transición rural.
Xestión activa de terras
Liña de traballo que integra a análise de dinámicas de uso do solo e do mercado de terras coa innovación na governanza da propiedade para a mobilización, co obxectivo de diagnosticar e mellorar a base territorial das actividades agrarias e atraer e orientar a novos xestores cara parcelas infrautilizadas.


Investigación-Acción participativa
A investigación-acción participativa é un piar transversal do LaboraTe. Aplícase como un principio metodolóxico no que se aposta por unha investigación que actúe como motor de cambio, enraizada no territorio e conectada coas persoas que o habitan.
Sistemas alimentarios e remuda xeracional en agricultura
O LaboraTe analiza o sistema agroalimentario dende unha perspectiva holística e participativa, investigando a remuda xeracional como un proceso relacional entre actores. A liña oriéntase cara o mantemento da funcionalidade do sistema alimentario e a seguridade alimentaria.
