Saltar ao contido

Curso de verán: Revitalización Rural – Nova Vida para as Aldeas e a Terra

A vinte anos vista, como nos gustaría que fosen as nosas aldeas? Que retos necesitamos abordar? Como facelo posible? Como nos encamiñamos cara esa visión?  Con estas e outras moitas preguntas moi presentes, o LaboraTe organiza o curso  “Revitalización Rural: a nova vida para as aldeas e a terra” que se celebrará entre os días 17 e 20 de xuño 2025 en Lugo. Convócase no marco da oferta de cursos de Verán da USC, e  ten matrícula aberta ata o 6 de Xuño.

O obxectivo global é dar a coñecer e difundir as iniciativas que se están a desenvolver para revitalizar o rural galego en liña coa Visión para as zonas rurais en 2040 da Comisión Europea, e acadar así unhas zonas rurais máis fortes, conectadas, resilientes e prósperas. Pero tendo presente tamén que o coñecemento dos novos instrumentos dispoñibles para a recuperación do territorio rural e das accións innovadoras que están a desenvolver diferentes entidades e organismos a prol do desenvolvemento rural facilitará a súa extensión a outros territorios.

No curso abordaranse os factores chave para a revitalización rural a partir da análise de experiencias e iniciativas desenvolvidas dentro e fóra de Galicia e debaterase sobre as medidas e ferramentas necesarias para promover e impulsar esta revitalización.
 
O programa inclúe obradoiros prácticos nos que se poñerán en práctica os coñecementos ou solucións innovadoras expostas nas presentacións e mesas redondas.

Programa do curso

Web (Programa, matrícula, prazos): “Revitalización Rural: nova vida para as aldeas e a terra”

Datas: 17-20 xuño 2025

Lugar:  Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Salón de Actos, Campus de Lugo

Matrícula: 15/05/2025 – 06/06/2025


Máis información sobre os cursos de verán da USC:

Correo de contacto: cursosdeveran@usc.gal  

Curso de verán USC: Oferta completa, prazos, matrícula