I+D+I

Proxectos
No LaboraTe contamos cunha longa traxectoria de proxectos vinculados á realidade social, territorial e tecnolóxica que nos rodea. A nosa actividade combina rigor metodolóxico, creatividade aplicada e unha orientación cara ao compromiso social e a transformación colectiva.
Publicacións
Os resultados dos proxectos reflíctense en publicacións en revistas científicas de alto impacto e en comunicacións a congresos nacionais e internacionais. Estas achegas permiten compartir coñecemento e consolidar a posición do grupo na comunidade investigadora.


Transferencia
A investigación desenvolvida polo grupo ten un claro carácter aplicado e orientado a dar resposta a retos reais e concretos, especialmente en contextos rurais e territoriais. Neste marco, mantemos unha relación estreita e continuada co tecido empresarial e institucional, materializada a través de accións de transferencia como contratos de colaboración, o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas a medida e a participación en iniciativas de innovación aplicada.