Información Premios Rafael Crecente
Os Premios “Rafael Crecente” están orientados a xóvenes titulados e buscan impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia.
Os premios son convocados anualmente dende 2017 pola Universidade de Santiago de Compostela a través do Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Rural (IBADER) e o Laboratorio do Territorio (LaboraTe). Son unha homenaxe á labor desenvolvida polo Dr. Rafael Crecente Maseda, profesor titular do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Lugo e considerado coma un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia. Foi impulsor e coordinador do grupo de investigación Territorio – Biodiversidade, no que se integraron gran número de profesores e investigadores do Campus de Lugo e puxo en marcha a primeira plataforma tecnolóxica sobre SIX e información territorial, o Sistema de Información Territorial (SIT).
A IX Edición ten aberto o prazo para a recepción de propostas ata o 30 de Setembro de 2026. A cerimonia de entrega de galardóns será previsiblemente en Outono, en Lugo.
Concédense dous premios, un primeiro e un segundo, co recoñecemento formal a través dun diploma acreditativo e unha contía económica de 2.000’00 € e 1.000’00 € respectivamente. Valóranse, entre outras cuestións, a viabilidade práctica e aplicabilidade, impacto na sostibilidade territorial e a xestión dos recursos en Galicia, e os compoñentes de innovación social, por exemplo, no ámbito da xestión da propiedade.
Presentación de candidaturas IX Edición
A proposta remitida polos candidatos deberá constar da seguinte información (consultar as bases para máis detalle):
- Formulario de presentación da idea (https://forms.office.com/e/Fz1qpzfrmQ).
- Ficha/póster resumo (plantilla). Poden verse exemplos das propostas de edicións anteriores
- Currículum vitae
- Título ou certificación académica
- Memoria (opcional), por exemplo no caso de tratarse de traballos académicos (de Final de Grao, Máster, Tese)
Toda a información nas bases da IX Edición Premios Rafael Crecente (publicación en breve).
Si queres recibir información de cando se abren novas convocatorias, inscríbete aquí.
Máis información
Arquivos edicións anteriores:
- Listado de traballos premiados e propostas recibidas (edicións anteriores)
- Vídeo entrega de Premios VIII Edición
- Bases da edición anterior, VIII Edición Premios Rafael Crecente (galego, castelán)