Saltar ao contido

Infraestrutura verde e servizos ecosistémicos

O noso grupo de investigación sitúa a Infraestrutura Verde como un motor estratéxico para a transformación dos sistemas socioecolóxicos cara a modelos máis resilientes e sustentables. Fronte á ameaza global do cambio climático e á degradación dos hábitats, o noso traballo céntrase en desenvolver metodoloxías e tecnoloxías que axuden a integrar a conservación da biodiversidade e a provisión de servizos ecosistémicos na planificación territorial. 

Nesta liña, a nosa actividade investigadora articúlase a través de tres enfoques complementarios: 

  1. Avaliación de servizos ecosistémicos para apoiar a toma de decisións e contribuír ao equilibrio ambiental e social.
  2. Desenvolvemento de sistemas de apoio á decisión espacial para a planificación territorial da infraestrutura verde, incluíndo algoritmos de optimización espacial avanzadapara delimitar áreas multifuncionais.  
  3. Promoción de sistemas de gobernanza participativa que fagan os procesos de planificación máis inclusivos, transparentes e socialmente lexitimados.  

Grazas a este enfoque, o grupo persigue desenvolver solucións e metodoloxías que integren conxuntamente criterios ecolóxicos e sociais na ordenación do territorio.