Saltar ao contido

Land systems science – ciencia dos sistemas terrestres

O termo “ciencia dos sistemas terrestres” designa un campo de traballo interdisciplinar dedicado ao estudo do
uso humano da terra. Trátase dun campo amplo no que se inclúe o estudo das actividades humanas como
moldeadoras do uso e cuberta da terra, así como dos seus efectos sociais, ambientais e económicos, desexados
ou non. Ao estudar a influencia mutua entre os sistemas sociais e os ecolóxicos ao longo do tempo, a ciencia dos
sistemas terrestres sitúase na interface entre as ciencias sociais e naturais, e aglutina o traballo de investigadores
procedentes dunha ampla variedade de ámbitos académicos. A súa forma actual é o resultado dunha evolución
que comezou, a inicios da década de 1990, co estudo dos cambios de uso e cuberta do solo (land use and land
cover change). Dentro desta grande liña de traballo abordamos, por un lado, a análise das transformacións
recentes da paisaxe e da ocupación do solo, así como os seus efectos sociais, ambientais e paisaxísticos, con
espacial énfase no entorno cercano (o noroeste da Península Ibérica). Ao mesmo tempo, tamén se abordan aquí
aspectos relacionados coas políticas e institucións que condicionan os procesos descritos. Por exemplo, o estudo,
comparativa e avaliación de diferentes políticas de xestión territorial, a análise das dinámicas institucionais con
influencia nos usos da terra, ou aspectos de deseño institucional para a innovación en materia de gobernanza
territorial.

Proxectos relacionados

Data finLiñasTítulo e Investigadores
2024 - Contrato entre a Fundación Universidade da Coruña, Icarto e a Universidade de Santiago de Compostela para a asistencia técnica no Servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades no Sistema de información do Banco de Terras de Galicia
2024 Investigación-acciónXestión de terras 'TERRACTIVA:GRUPO OPERATIVO DE APOIO Á NOVOS ENTRANTES NA AGROECOLOXÍA'
2024 - CO-producing Nature-based solutions and restored Ecosystems: transdisciplinary neXus for Urban Sustainability (CONEXUS)
2024 Ordenación territorial CONTRATACIÓN DO SERVIZO CONSISTENTE NA ACTUALIZACIÓN, ANÁLISE MANTEMENTO E MELLORA DA ENQUISA DE INFRAESTRUCTURAS E EQUIPAMENTOS LOCAIS DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE LUGO. FASE 2022. 2023/CON_02/000063.
2024 - DPAAPU: Diretrizes, planos, ações em áreas periurbanas: ecossistemas num desenvolvimento equitativo'
2023 Investigación-acción Sistema de información xeográfica interactivo de apoio nos traballos de campo de proxecto de cooperación LEADER viño e froita
2023 - Sistema de Información xeográfica interactivo de apoio nos traballos de campo do proxecto No Rural
2023 - MELLORA NO ENTORNO CREADO PARA SERVIR UN CÓDIGO MATLAB CON UN ALGORITMO DE RECREACIÓN DE TRAZADOS FERROVIARIOS
2023 - SISTEMA DE AXUDA A DECISIÓN PARA A LOCALIZACIÓN DE NOVAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS
2023 Ordenación territorialInfraestrutura verde SISTEMA DE AYUDA A LA DECISIÓN PARA LA ADAPTACIÓN AL CAMBIO CLIMÁTICO A TRAVÉS DE LA PLANIFICACIÓN TERRITORIAL Y LA GESTIÓN DE RIESGOS (CLIMAPLAN_DSS)

Publicacións relacionadas

TipoAnoLiñasTítulo e Autores
Patente 2024 - PPGIS APP
👤 Sen autores
Patente 2024 - PPGIS WEB
👤 Sen autores
Publicación 2024 - Acompañar y apoyar a los nuevos agricultores El caso de TERRACTIVA
Publicación 2024 Ordenación territorialInvestigación-acciónXestión de terras Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2023
Publicación 2024 - Dinámicas de uso e mobilidade das terras rústicas en Galicia - Informe 2024
Publicación 2024 - Avicultura artesanal na Reserva da Biosfera Mariñas Betanzos. Guía para persoas novas entrantes
👤 Nicolas Ron; Miguel Fernández, Francisco José Ónega López, Nieves Pérez Rodríguez, Guillermina Fernández Villar, Elena López Colmenero
Publicación 2024 - Informe sectorial 2024 Dinámicas de uso e mobilidade de terras rústicas en Galicia
Publicación 2024 Ordenación territorialInvestigación-acciónXestión de terras Mobilidade de terras e estruturas do sector agrario en Galicia. Informe sectorial 2023 - Observatorio da Mobilidade de terras de Galicia
Congreso 2024 - DINÁMICAS ENTRE ACTORES E NIVEIS DE GOBERNANZA NA PLANIFICACIÓN DA INFRAESTRUTURA VERDE: QUE É O QUE REALMENTE IMPORTA PARA UNHA COLABORACIÓN EFECTIVA?
Publicación 2024 - Apoio a novas e novos entrantes no acceso a terras: Mapas de oferta potencial de terras a nivel parroquial no GDR Mariñas-Betanzos