O termo “ciencia dos sistemas terrestres” designa un campo de traballo interdisciplinar dedicado ao estudo do
uso humano da terra. Trátase dun campo amplo no que se inclúe o estudo das actividades humanas como
moldeadoras do uso e cuberta da terra, así como dos seus efectos sociais, ambientais e económicos, desexados
ou non. Ao estudar a influencia mutua entre os sistemas sociais e os ecolóxicos ao longo do tempo, a ciencia dos
sistemas terrestres sitúase na interface entre as ciencias sociais e naturais, e aglutina o traballo de investigadores
procedentes dunha ampla variedade de ámbitos académicos. A súa forma actual é o resultado dunha evolución
que comezou, a inicios da década de 1990, co estudo dos cambios de uso e cuberta do solo (land use and land
cover change). Dentro desta grande liña de traballo abordamos, por un lado, a análise das transformacións
recentes da paisaxe e da ocupación do solo, así como os seus efectos sociais, ambientais e paisaxísticos, con
espacial énfase no entorno cercano (o noroeste da Península Ibérica). Ao mesmo tempo, tamén se abordan aquí
aspectos relacionados coas políticas e institucións que condicionan os procesos descritos. Por exemplo, o estudo,
comparativa e avaliación de diferentes políticas de xestión territorial, a análise das dinámicas institucionais con
influencia nos usos da terra, ou aspectos de deseño institucional para a innovación en materia de gobernanza
territorial.
Proxectos relacionados
Publicacións relacionadas
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 2009 | - | An object oriented approach to automatic classification of panchromatic aerial photographs with GRASS GIS and R 👤 Corbelle, E., Crecente, R. |
| Publicación | 2009 | - | El ingeniero agrónomo y las tecnologías de la información en la ordenación del territorio |
| Congreso | 2009 | - | Adaptación de una materia de expresión gráfica en la ingeniería a los nuevos créditos ECTS |
| Congreso | 2009 | - | Relaciones de homologías entre polígonos esféricos. Relación con la homología entre formas planas 👤 Zurita de la Vega, E., Tato Sánchez del Valle, P., López González, F. J., Pérez Maciñeiras, J. |
| Publicación | 2009 | - | Terras de Miranda 👤 Gomez-Orellana, L., Ramil-Rego, P., Crecente-Maseda, R., Ramil-Rego, E., Ferreiro, J., de Novoa, B., Rubinos, M., Hinojo, B., Muñoz, C. |
| Congreso | 2009 | - | The Land Bank of Galicia |
| Patente | 2009 | - | ESIXE 2: Aplicación SIG de gestión de espacios en grandes organizaciones 👤 Rafael Crecente Maseda, Marcos Boullón Magán, David Miranda Barrós, Miguel Cordero Souto, Inés Santé Riveira |
| Publicación | 2009 | - | Poder débil y bofetadas a Casandra 👤 Fra, U. |
| Publicación | 2009 | - | Alto Miño, Terra Chá 👤 Ramil-Rego, P, Crecente-Maseda, R, Rodríguez-Guitián, M, Rubinos, M., de Novoa, B., Hinojo, B., Ferreiro, J., Cillero, C., Díaz-Varela, R., Martínez-Sánchez, S., Gomez-Orellana, L., García-Abad, F. |
| Publicación | 2009 | - | Alto Miño. Terra Chá 👤 Ramil Rego, P., Crecente Maseda, R., Rodríguez Guitián, M. A., Rubinos Román, M. A., De Novoa Fernández, B., Hinojo Sánchez, B., Ferreiro Da Costa, J., Cillero Castro, C., Díaz Varela, R., Martínez Sánchez, S., Gómez-Orellana, R., García Abad, F. |