Saltar ao contido

Land systems science – ciencia dos sistemas terrestres

O termo “ciencia dos sistemas terrestres” designa un campo de traballo interdisciplinar dedicado ao estudo do
uso humano da terra. Trátase dun campo amplo no que se inclúe o estudo das actividades humanas como
moldeadoras do uso e cuberta da terra, así como dos seus efectos sociais, ambientais e económicos, desexados
ou non. Ao estudar a influencia mutua entre os sistemas sociais e os ecolóxicos ao longo do tempo, a ciencia dos
sistemas terrestres sitúase na interface entre as ciencias sociais e naturais, e aglutina o traballo de investigadores
procedentes dunha ampla variedade de ámbitos académicos. A súa forma actual é o resultado dunha evolución
que comezou, a inicios da década de 1990, co estudo dos cambios de uso e cuberta do solo (land use and land
cover change). Dentro desta grande liña de traballo abordamos, por un lado, a análise das transformacións
recentes da paisaxe e da ocupación do solo, así como os seus efectos sociais, ambientais e paisaxísticos, con
espacial énfase no entorno cercano (o noroeste da Península Ibérica). Ao mesmo tempo, tamén se abordan aquí
aspectos relacionados coas políticas e institucións que condicionan os procesos descritos. Por exemplo, o estudo,
comparativa e avaliación de diferentes políticas de xestión territorial, a análise das dinámicas institucionais con
influencia nos usos da terra, ou aspectos de deseño institucional para a innovación en materia de gobernanza
territorial.

Proxectos relacionados

Data finLiñasTítulo e Investigadores

Publicacións relacionadas

TipoAnoLiñasTítulo e Autores
Congreso 2007 - Reutilizaçao de resíduos orgânicos de uso agrícola - A gestao de biosólidos produzidos em Idnha-a-Nova
👤 Aguas, Paulo, Matos, Sergio, Fra, Urbano
Congreso 2007 - Zonificación y metodología para la delimitación de comercas vitícolas. Aplicación a la ampliación de 'Vino de la Tierra de Betanzos'
👤 Escariz, A., Blanco, J., Miranda, D., Crecente, R.
Congreso 2007 - Automatic extraction of forest and terrain fuel variables with airborne LIDAR to determine structural fire risk
👤 Gonçalves Seco, Luis, Fraga Bugallo, Bruño, Crecente Maseda, Rafael, Miranda Barrós, David
Congreso 2007 - Innovations of land governance structure: two examples from the North-West of Spain
👤 Ónega, F., Puppim de Oliveira, J. A., Crecente, R.
Congreso 2007 - Delineation of landscape units at diverse scales using moving windows for hetergeneity analysis
👤 Díaz, E. R., Crecente, R.
Congreso 2007 - Spatial Data Infrastructure for the rural areas of galicia-North Portugal (SDI SIGN): aims, organizational model and databases themes
👤 Gallego, Manuel, Alonso, Joaquim, Miranda Barrós, David
Congreso 2007 - A xestión de terras en Galicia: unha perspectiva comparada
Patente 2007 - ESIXE, Extensión SIX para a Xestión de Espazos
👤 Marcos Boullón Magán, Carlos Rodríguez Rodríguez, David Miranda Barrós, Inés Santé Riveira, Rafael Crecente Maseda, Miguel Cordero Souto
Congreso 2007 - Software Tools for Performance Modeling of Parallel Programs
👤 Diego R Martínez, Vicente Blanco, Marcos Boullón, José C Cabaleiro, Casiano Rodríguez, Francisco F Rivera
Publicación 2007 - As tendencias da produción e índices técnicos nas explotacións lácteas
👤 Fouz, R., Ónega, F.