Saltar ao contido

Land systems science – ciencia dos sistemas terrestres

O termo “ciencia dos sistemas terrestres” designa un campo de traballo interdisciplinar dedicado ao estudo do
uso humano da terra. Trátase dun campo amplo no que se inclúe o estudo das actividades humanas como
moldeadoras do uso e cuberta da terra, así como dos seus efectos sociais, ambientais e económicos, desexados
ou non. Ao estudar a influencia mutua entre os sistemas sociais e os ecolóxicos ao longo do tempo, a ciencia dos
sistemas terrestres sitúase na interface entre as ciencias sociais e naturais, e aglutina o traballo de investigadores
procedentes dunha ampla variedade de ámbitos académicos. A súa forma actual é o resultado dunha evolución
que comezou, a inicios da década de 1990, co estudo dos cambios de uso e cuberta do solo (land use and land
cover change). Dentro desta grande liña de traballo abordamos, por un lado, a análise das transformacións
recentes da paisaxe e da ocupación do solo, así como os seus efectos sociais, ambientais e paisaxísticos, con
espacial énfase no entorno cercano (o noroeste da Península Ibérica). Ao mesmo tempo, tamén se abordan aquí
aspectos relacionados coas políticas e institucións que condicionan os procesos descritos. Por exemplo, o estudo,
comparativa e avaliación de diferentes políticas de xestión territorial, a análise das dinámicas institucionais con
influencia nos usos da terra, ou aspectos de deseño institucional para a innovación en materia de gobernanza
territorial.

Proxectos relacionados

Data finLiñasTítulo e Investigadores

Publicacións relacionadas

TipoAnoLiñasTítulo e Autores
Publicación 2006 - Natural Disaster
Publicación 2006 - RULES - Sistema de Ayuda para la Planificación del suelo rural
👤 Santé, I., Crecente, R.
Publicación 2006 - Sistema de Información de Infraestructuras e Equipamientos Locais do Concello de Lobios
👤 Crecente, R.
Publicación 2006 - Site and Situation. Impossible but Inevitable Cities
Publicación 2006 - Using GIS to measure changes in the temporal and spatial dynamics of forestland experiences from north west Spain
👤 Marey, M. F., Rodríguez, V., Crecente, R.
Publicación 2006 - Wastewater Management Evaluation by Using the Opinion Survey in Galicia, Spain
👤 Tomás Serafín Cuesta, Carlos José Álvarez, José Javier Cancela, David Miranda Barrós, Xan Xosé Neira
Publicación 2005 - A realidad actual da produción de leite ecolóxico en Galicia
👤 Ónega López, Francisco, Villada Legaspi, Eloi
Congreso 2005 - Tecnoloxía SIX e WEB para a dinamización do mercado da terra en Galicia
👤 Ónega, F., Parapar, J., Miranda, D., Touriño, J., Doallo, R., Crecente, R.
Congreso 2005 - Rural development and private communal forestland: the case of montes veciñais en man común in galicia (Spain)
👤 Marey, M. F., Fernández, S., Rodríguez, V., Crecente, R.
Publicación 2005 - La opinión de los agricultores gallegos sobre sus condiciones de vida, el desarrollo rural en Galicia
👤 Avelino Escariz, David Miranda Barrós, Carlos José Álvarez López