O termo “ciencia dos sistemas terrestres” designa un campo de traballo interdisciplinar dedicado ao estudo do
uso humano da terra. Trátase dun campo amplo no que se inclúe o estudo das actividades humanas como
moldeadoras do uso e cuberta da terra, así como dos seus efectos sociais, ambientais e económicos, desexados
ou non. Ao estudar a influencia mutua entre os sistemas sociais e os ecolóxicos ao longo do tempo, a ciencia dos
sistemas terrestres sitúase na interface entre as ciencias sociais e naturais, e aglutina o traballo de investigadores
procedentes dunha ampla variedade de ámbitos académicos. A súa forma actual é o resultado dunha evolución
que comezou, a inicios da década de 1990, co estudo dos cambios de uso e cuberta do solo (land use and land
cover change). Dentro desta grande liña de traballo abordamos, por un lado, a análise das transformacións
recentes da paisaxe e da ocupación do solo, así como os seus efectos sociais, ambientais e paisaxísticos, con
espacial énfase no entorno cercano (o noroeste da Península Ibérica). Ao mesmo tempo, tamén se abordan aquí
aspectos relacionados coas políticas e institucións que condicionan os procesos descritos. Por exemplo, o estudo,
comparativa e avaliación de diferentes políticas de xestión territorial, a análise das dinámicas institucionais con
influencia nos usos da terra, ou aspectos de deseño institucional para a innovación en materia de gobernanza
territorial.
Proxectos relacionados
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|
Publicacións relacionadas
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 2003 | - | Cost analysis of the application of various photointerpretation techniques to land use classification 👤 Marey, M., Fra, U., Crecente, R. |
| Congreso | 2003 | - | Stratified land-use classification with aerial photography and remote sensing 👤 M. Marey, R. Crecente, U. Fra |
| Patente | 2003 | - | CoPa 👤 Carlos José Álvarez López, Rafael Crecente Maseda, Ramón Doallo Biempica, Juan Touriño Domínguez, Francisco Javier Díaz Bruguera, Francisco Fernández Rivera |
| Publicación | 2003 | - | Concentración parcelaria e ordenación do territorio en Galicia 👤 Rafael Crecente Maseda, Carlos José Álvarez López, David Miranda Barrós |
| Congreso | 2003 | - | A Grid enabled air quality simulation 👤 JC Mouriño, MJ Martín, P González, M Boullón, JC Cabaleiro, TF Pena, FF Rivera, R Doallo |
| Publicación | 2003 | - | A GIS-embedded system to support land consolidation plans in Galicia 👤 Touriño, J., Parapar, J., Doallo, R., Boullón, M., Rivera, F. F., Bruguera, J. D., González, X. P., Crecente, R., Álvarez, C. |
| Publicación | 2003 | - | Automatización de los proyectos de concentración parcelaria 👤 Álvarez, C., Touriño, J., Rivera, F. F., Crecente, R., González, X. P., Doallo, R., Parapar, J., Bruguera, J., Boullón, M. |
| Publicación | 2003 | - | Conclusións 👤 Crecente, R. |
| Publicación | 2003 | - | Flood Hazard Management and its Integration in Spatial Planning Policies |
| Publicación | 2003 | - | Spatial Dependence and Horizontal Interpolation of Ozone Concentrations from Vertical measurements in the Aegean Sea |