O termo “ciencia dos sistemas terrestres” designa un campo de traballo interdisciplinar dedicado ao estudo do
uso humano da terra. Trátase dun campo amplo no que se inclúe o estudo das actividades humanas como
moldeadoras do uso e cuberta da terra, así como dos seus efectos sociais, ambientais e económicos, desexados
ou non. Ao estudar a influencia mutua entre os sistemas sociais e os ecolóxicos ao longo do tempo, a ciencia dos
sistemas terrestres sitúase na interface entre as ciencias sociais e naturais, e aglutina o traballo de investigadores
procedentes dunha ampla variedade de ámbitos académicos. A súa forma actual é o resultado dunha evolución
que comezou, a inicios da década de 1990, co estudo dos cambios de uso e cuberta do solo (land use and land
cover change). Dentro desta grande liña de traballo abordamos, por un lado, a análise das transformacións
recentes da paisaxe e da ocupación do solo, así como os seus efectos sociais, ambientais e paisaxísticos, con
espacial énfase no entorno cercano (o noroeste da Península Ibérica). Ao mesmo tempo, tamén se abordan aquí
aspectos relacionados coas políticas e institucións que condicionan os procesos descritos. Por exemplo, o estudo,
comparativa e avaliación de diferentes políticas de xestión territorial, a análise das dinámicas institucionais con
influencia nos usos da terra, ou aspectos de deseño institucional para a innovación en materia de gobernanza
territorial.
Proxectos relacionados
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|
Publicacións relacionadas
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 1992 | - | La medida de la antropización |
| Congreso | 1992 | - | Un índice de calidad de aguas |
| Congreso | 1992 | - | A calidade do río Lagares (Vigo) |
| Congreso | 1992 | - | Posibilidades de ahorro energético en producción animal. Fabricación de piensos compuestos 👤 Maseda, F., García, J., Crecente, R., Valiña, J., Velo, R. |
| Congreso | 1992 | - | Consumos eléctricos en cooperativas de pienso 👤 Álvarez, C. J., Velo, R., Maseda, F., Crecente, R. |
| Publicación | 1992 | - | La medida de la antropización |
| Publicación | 1992 | - | Manual de Seguridade e Hixiene: a Motoserra 👤 Pérez Méndez, A. E., Crecente Maseda, R., Gandoy Vázquez, A. |
| Publicación | 1992 | - | Un índice de calidad de aguas |
| Congreso | 1991 | - | Ritmo temporal de inmisión de contaminantes en Galicia |
| Publicación | 1991 | - | Ritmo temporal de inmisión de contaminantes en Galicia |