Premios Rafael Crecente
Os Premios “Rafael Crecente” están orientados a xóvenes titulados e buscan impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia.
Os premios son convocados anualmente dende 2017 pola Universidade de Santiago de Compostela a través do Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Rural (IBADER) e o Laboratorio do Territorio (LaboraTe). Son unha homenaxe á labor desenvolvida polo Dr. Rafael Crecente Maseda, profesor titular do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Lugo e considerado coma un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia.


Últimos premiados
VIII Edición – 1° Premio
SMARTERRAE: formación científica aplicada no territorio e medioambiente dende etapas iniciáis (Lorena Salgado e Rubén Forján)
VII Edición – 1° Premio – Ficha – Presentación
Establecemento dun sistema silvopastoral no monte público de Rascalobos (Traba de Laxe, A Coruña). (Alejandro Álvarez Fernández)
VI Edición – 1° Premio
Estudo sobre recuperación de terras agrarias de Galicia: “Aldeas Modelo” (Dª Marta Gómez Fandiño).
Bases do concurso
Obxectivo
Impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia
Candidatos
a) Poden concorrer de forma individual, todas aquelas persoas que finalizaran a súa titulación universitaria nos últimos 5 anos.
b) De forma colectiva, dúas ou máis persoas poderán presentar os seus traballos a condición de que o primeiro asinante cumpra os criterios establecidos no punto anterior.
Criterios de valoración
O Comité avaliador analizará a orixinalidade, así como a calidade científica e/o técnica da proposta. Considerando, entre outros aspectos, a súa aplicabilidade, a súa posible contribución no uso racional e sostible do territorio e dos recursos naturais, o grao de innovación social ou da gobernanza, a súa vinculación co desenvolvemento do medio rural e a mellora da calidade de vida.
Novas relacionadas
A VIII Edición do Premios Rafael Crecente chega con novidades
Os Premios Rafael Crecente encaran a súa VIII Edición coa mesma vontade de inspirar a innovación na xestión territorial, pero con importantes novidades, amplián…
Alejandro, Lucía e Fernando, gañadores da VII Edición dos Premios Rafael Crecente
O luns 25 de Novembro fíxose pública a resolución da VII Edición dos Premios Rafael Crecente nunha cerimonia celebrada na Escola Politécnica Superior de Enxeñer…
Entrega de galardóns da VII Edición dos Premios Rafael Crecente
O próximo luns 25 de Novembro, as 18:30h, celebrarase na Escola Politécnica Superior de Enxeñería (EPSE) de Lugo a cerimonia da VII Edición dos Premios Rafael C…


