Sobre nós

A nosa historia
Contamos cunha longa traxectoria de proxectos vinculados á realidade social, territorial e tecnolóxica que nos rodea. A nosa actividade combina rigor metodolóxico, creatividade aplicada e unha orientación cara ao compromiso social e a transformación colectiva. Así, a investigación desenvolvida polo grupo ten un marcado carácter aplicado, focalizándose en retos reais e concretos, especialmente en contextos rurais.
Áreas de traballo
A nosa misión é contribuír a territorios máis sostibles, cohesionados e conscientes dos desafíos actuais e futuros. Este enfoque comprométenos a integrar as dimensións ambiental, social e económica nun marco coherente de transformación territorial. Dita transformación está orientada ao benestar e á resiliencia das comunidades e dos ecosistemas, cun foco especial nas actividades agrarias.


Persoal
Somos un grupo de investigación-acción e docencia multidisciplinar da USC no que a ordenación e transición territorial é o eixo estratéxico que organiza e dá sentido ao conxunto do noso labor.
Contacto
Laboratorio do Territorio
Escola Politécnica Superior de Lugo, pavillón II
Rúa Benigno Ledo s/n
27002 Lugo
España
laborate@usc.es
