Enviado por laborate o mér, 23/01/2013 - 13:45 GMT.
Exposición dos resultados do obradoiro internacional sobre
sistemas alimentarios locais organizado polo MasterTerra
da USC e a universidade holandesa de Van Hall Larenstein
(15 de febreiro no centro de interpretación da reserva da
biosfera, paseo do Rato).
O fornecemento de alimentos na actualidade depende dun sistema
de produción industrializado, globalizado e altamente dependente
do petróleo. Estes factores repercuten nunha serie de incertezas
futuras no que á seguridade e soberanía alimentaria se refire;
más aínda se se ten en conta o escenario actual de cambio
climático e escaseza de combustibles.