Enviado por laborate o lun, 26/11/2012 - 14:09 GMT.
Os pasados días 16 e 17 de Novembro celebráronse, co gallo
do 30 aniversario da publicación do libro "La propiedad
de la tierra de Galicia, 1500-1936", do historiador Ramón
Villares, as xornadas "A propiedade da terra: desde a historia
para o futuro."
Estas xornadas foron organizadas pola rede de investigación ReVolta,
unha iniciativa multidisciplinar formada por grupos de investigación
das universidades de Vigo e de Santiago de Compostela, e da
que o LaboraTe forma parte.