Enviado por laborate o mar, 05/06/2012 - 10:17 GMT.
O pasado venres 1 de Xuño celebrouse no edificio Cactus
do campus de Lugo a cerimonia de clausura da segunda edición,
correspondente ó curso académico 2011/2012, do máster en
Xestión Sustentable da Terra e Territorio (MTT).
O acto contou coa presenza do rector da USC, Juan Casares Long,
o director xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural
da Unión Europea, José Manuel Silva Rodríguez, o vicerrector
de Coordinación do campus de Lugo, Herradón Pedro García,
o presidente da fundación Juana de Vega,
Enrique Sáez Ponte, o subdirector xeral de Mobilidade en
Terras da Xunta de Galicia, Javier Blanco Carballal e mailo
coordinador do programa de máster, Rafael Crecente Maseda.