Beatriz Guimarey Fernández

TÉCNICO
Beatriz é Enxeñeira de Montes e Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio pola Univ. de Santiago de Compostela (USC). Dende o ano 2009 está vinculada ó grupo de investigación Te-Bio/LaboraTe.
Comezou a súa andadura especializándose na captura e análise de datos e información xeoespacial para ordenación territorial, collaborando tamén en numerosos proxectos da plataforma tecnolóxica do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC.
Da análise territorial pasou a colaborar en proxectos de I+D+i a nivel europeos no ámbito da xestión do territorio e dos recursos rurais, e a gobernanza das áreas rurais. A maioría dos seus proxectos pivotan ó redor de tres eixos: aceleración da transferencia de coñecemento e a innovación, mellora e deseño de políticas públicas con impacto no rural, gobernanza e desenvolvemento rural. Complementariamente, forma parte da equipa de comunicación do grupo do Laboratorio do Territorio, coordinando contidos e actividades de difusión.
En liña co anterior, dende o ano 2015 Bea é membro activo da EU CAP Network | EIP-AGRI (anteriormente EIP-Agri Service Point). Promovida pola Comisión Europea, a EIP-AGRI conecta agricultores e gandeiros, asesores, investigadores, empresas, cidadanía e demais actores co obxectivo de axudar a construír fluxos de coñecemento sólidos e acelerar a innovación na agricultura, a silvicultura e as zonas rurais. Na EIP-AGRI, Bea lidera a División D, temáticamente centrada en retos socioeconómicos clave no medio rural, como a renovación xeracional, o emprego, a igualdade e a promoción da bioeconomía circular e da silvicultura sostible. Tamén participa na organización e dinamización de actividades de transferencia (grupos focais, seminarios e workshops).
Correo electrónico: beatriz.guimarey@usc.es
Orcid: 0000-0001-9763-9369
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 2019 | - | A Study of traditional pottery from a contextual and archaeometrical point of view. Bonxe. Galicia (NW Iberian Peninsula) 👤 María Pilar Prieto-Martínez, Oscar Lantes-Suárez, Luis Hixinio Flores, Orlando Viveiro Veiga Rivas, Beatriz Guimarey Fernández, Francisco Alonso Toucido, Aida González Pazos |
| Congreso | 2018 | - | Técnicas SIG para el modelado del tránsito humano y de mercancías en la antigüedad |
| Congreso | 2018 | - | The burial site of Devesa do Rei (Vedra, A Coruña, NW Iberian Peninsula) |
| Publicación | 2016 | - | Láser-escáner y modelos 3D. Las nuevas tecnologías al servicio de una mejor comprensión del Balneario romano de Lugo |
| Congreso | 2015 | - | GIS y cálculo de posibles procedencias de materias primas. Aplicación al estudio de la cerámica antigua” |