David Miranda Barrós

Coordinador
David Miranda Barrós, catedrático de universidade do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela (USC); conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión territorial. A súa carreira docente, investigadora e directiva céntrase no estudo das institucións e tecnoloxías na xestión territorial.
Durante este tempo, participou como investigador principal en 18 proxectos de I+D+i. Tamén foi investigador principal en 64 contratos de investigación con empresas privadas e institucións de goberno local e autonómico. Os resultados máis relevantes foron publicados en 50 artigos, 36 dos cales corresponden a revistas internacionais indexadas no JCR.
A capacidade de captación de financiamento mediante convocatorias públicas competitivas permitiu consolidar estruturas de investigación, como TeBio (Grupo de Investigación Territorio e Biodiversidade), coordinado por este profesor dende 2013. Tamén permitiu a contratación de máis de 15 investigadores durante os últimos 20 anos.
A xestión universitaria na USC ocupa un lugar significativo na súa carreira. Exerceu durante cinco anos como coordinador do Máster en Xestión Sostible do Territorio e desde 2013 é director científico do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC, unha plataforma que presta servizos de información xeoespacial a toda a comunidade universitaria. Tamén coordina na actualidade o programa de doutoramento en Xestión Sostible do Territorio da USC, desde a súa implantación no curso 2013/14.
Correo electrónico: david.miranda@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-9349-0904
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2013 | - | Programa Sistemas de Información Geográfica en Software Libre GVSIG |
| 2013 | - | Asistencia técnica na redacción do proxecto Refuxios do Atlántico 👥 Miranda Barros, David, Pablo Ramil Rego |
| 2013 | - | Diagnose do territorio e redacción da memoria da candidatura da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo 👥 Miranda Barros, David, Pablo Ramil Rego |
| 2012 | - | Actualización y mantenimiento de la Encuesta de Infraestructuras y Equipamientos Locales (EIEL). Fase 2011 👥 Rafael Crecente Maseda, Andrés García Lamparte, Manuel Pérez Gómez, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Diego Alberto Arias Prado, Jaime Caldeiro Pérez, Nieves Pérez Rodríguez |
| 2012 | - | Aplicación de técnicas de teledetección mediante lidar para la caracterización del recurso biomásico 👥 David Miranda Barrós, Rafael Crecente Maseda |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | - | - | Aplicación de los SIG al estudio de áreas de montaña |
| Publicación | - | - | Estudios de Ordenación Productiva Agraria en 17 Comarcas da Comunidade Autónoma de Galicia |