David Miranda Barrós

Coordinador
David Miranda Barrós, catedrático de universidade do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela (USC); conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión territorial. A súa carreira docente, investigadora e directiva céntrase no estudo das institucións e tecnoloxías na xestión territorial.
Durante este tempo, participou como investigador principal en 18 proxectos de I+D+i. Tamén foi investigador principal en 64 contratos de investigación con empresas privadas e institucións de goberno local e autonómico. Os resultados máis relevantes foron publicados en 50 artigos, 36 dos cales corresponden a revistas internacionais indexadas no JCR.
A capacidade de captación de financiamento mediante convocatorias públicas competitivas permitiu consolidar estruturas de investigación, como TeBio (Grupo de Investigación Territorio e Biodiversidade), coordinado por este profesor dende 2013. Tamén permitiu a contratación de máis de 15 investigadores durante os últimos 20 anos.
A xestión universitaria na USC ocupa un lugar significativo na súa carreira. Exerceu durante cinco anos como coordinador do Máster en Xestión Sostible do Territorio e desde 2013 é director científico do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC, unha plataforma que presta servizos de información xeoespacial a toda a comunidade universitaria. Tamén coordina na actualidade o programa de doutoramento en Xestión Sostible do Territorio da USC, desde a súa implantación no curso 2013/14.
Correo electrónico: david.miranda@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-9349-0904
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2009 | - | Delimitación del camino histórico de Santiago a Fisterra |
| 2009 | - | Realización de actividades de apoyo y asesoramiento en la formulación de un Plan de Emergencia Municipal (PEMU) 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, Marcos Boullón Magán, Jaime Caldeiro Pérez, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González, María José Iniesto Alba |
| 2009 | - | Elaboración de aplicación informática para la gestión de espacios (prórroga) |
| 2009 | - | Proyecto de colaboración de un servicio técnico para la definición del procedimiento y desarrollo de un manual de usuario de la aplicación SIG-WEB 'SITEGAL' 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, Eduardo Corbelle Rico, Dorinda Isabel Sarmiento Prieto, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González |
| 2009 | - | GEOGIS. Desarrollo de una aplicación GIS para la gestión de la información geotécnica |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 2010 | - | Cartografiado de las distintas dimensiones de la red viaria rural del municipio de Lugo |
| Publicación | 2010 | - | Levantamento topográfico e construción dun sistema de información xeográfica da Muralla Romana de Lugo |
| Publicación | 2010 | - | Operational tools in forestry using remote sensing techniques |
| Congreso | 2009 | - | Analysis of factors influencing urban growth patterns on small towns |
| Congreso | 2009 | - | Analysis of operational urban cellular automata models |