David Miranda Barrós

Coordinador
David Miranda Barrós, catedrático de universidade do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela (USC); conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión territorial. A súa carreira docente, investigadora e directiva céntrase no estudo das institucións e tecnoloxías na xestión territorial.
Durante este tempo, participou como investigador principal en 18 proxectos de I+D+i. Tamén foi investigador principal en 64 contratos de investigación con empresas privadas e institucións de goberno local e autonómico. Os resultados máis relevantes foron publicados en 50 artigos, 36 dos cales corresponden a revistas internacionais indexadas no JCR.
A capacidade de captación de financiamento mediante convocatorias públicas competitivas permitiu consolidar estruturas de investigación, como TeBio (Grupo de Investigación Territorio e Biodiversidade), coordinado por este profesor dende 2013. Tamén permitiu a contratación de máis de 15 investigadores durante os últimos 20 anos.
A xestión universitaria na USC ocupa un lugar significativo na súa carreira. Exerceu durante cinco anos como coordinador do Máster en Xestión Sostible do Territorio e desde 2013 é director científico do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC, unha plataforma que presta servizos de información xeoespacial a toda a comunidade universitaria. Tamén coordina na actualidade o programa de doutoramento en Xestión Sostible do Territorio da USC, desde a súa implantación no curso 2013/14.
Correo electrónico: david.miranda@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-9349-0904
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2007 | - | Plataforma SIT 👥 David Miranda Barrós, Rafael Crecente Maseda |
| 2007 | - | Programa de Restauración de Aldeas para la inserción social de menores (INTERREG III. A. MILARIA) |
| 2007 | - | Aplicación de tecnología S.I.G y web al proceso de desarrollo local en el área delimitada por el calificativo 'Viño da Terra de Betanzos' y municipios limítrofes. 👥 Rafael Crecente Maseda, David Miranda Barrós, Inés Santé Riveira, Marcos Boullón Magán, Miguel Cordero Souto, Francisco José Ónega López |
| 2007 | - | Asistencia técnica para el tratamiento de datos LiDAR |
| 2007 | - | Dinamización del sector vitivinícola en el área delimitada como 'Viño da Terra de Betanzos' 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, Marcos Boullón Magán, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Patente | 2018 | - | AGRUPE: Sistema de Axuda para a Agrupación de Parcelas mediante Permutas 👤 Miranda Barros, David, Francisco José Ónega López, Eduardo Corbelle Rico, Nieves Pérez Rodríguez, Ramón Doallo Biempica, Diego Teijeiro Paredes, Juan Porta Trinidad, Miguel Nicolas López Vázquez, Javier González Otero, Jorge Parapar López |
| Congreso | 2018 | - | Técnicas SIG para el modelado del tránsito humano y de mercancías en la antigüedad |
| Congreso | 2018 | Ordenación territorial | Fusiones de municipios en Europa Occidental: La excepción latina |
| Publicación | 2018 | - | The Landscape Inventory of Galicia (NW Spain): GIS-web and public participation for landscape planning 👤 Inés Santé, Alfredo Fernández -Ríos, José María Tubío, Francisco García- Fernández, Eliska Farkova, David Miranda |
| Congreso | 2017 | Ordenación territorial | Fusiones de municipios en Galicia: una revisión crítica de sus fundamentos |