David Miranda Barrós

Coordinador
David Miranda Barrós, catedrático de universidade do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela (USC); conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión territorial. A súa carreira docente, investigadora e directiva céntrase no estudo das institucións e tecnoloxías na xestión territorial.
Durante este tempo, participou como investigador principal en 18 proxectos de I+D+i. Tamén foi investigador principal en 64 contratos de investigación con empresas privadas e institucións de goberno local e autonómico. Os resultados máis relevantes foron publicados en 50 artigos, 36 dos cales corresponden a revistas internacionais indexadas no JCR.
A capacidade de captación de financiamento mediante convocatorias públicas competitivas permitiu consolidar estruturas de investigación, como TeBio (Grupo de Investigación Territorio e Biodiversidade), coordinado por este profesor dende 2013. Tamén permitiu a contratación de máis de 15 investigadores durante os últimos 20 anos.
A xestión universitaria na USC ocupa un lugar significativo na súa carreira. Exerceu durante cinco anos como coordinador do Máster en Xestión Sostible do Territorio e desde 2013 é director científico do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC, unha plataforma que presta servizos de información xeoespacial a toda a comunidade universitaria. Tamén coordina na actualidade o programa de doutoramento en Xestión Sostible do Territorio da USC, desde a súa implantación no curso 2013/14.
Correo electrónico: david.miranda@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-9349-0904
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2007 | - | Actividades de apoyo y asesoramiento en la formulación del Plan de Emergencia Municipal (PEMU) 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, Jaime Caldeiro Pérez, David Miranda Barrós, Miguel Cordero Souto, Manuel Pérez Gómez |
| 2007 | - | Sistema de información geográfica de los recursos, oferta y potencialidad turística de Terra Chá. 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, Marcos Boullón Magán, Jaime Caldeiro Pérez, David Miranda Barrós |
| 2007 | - | Sistemas de Información para la gestión de una empresa forestal 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Marcos Boullón Magán, Miguel Cordero Souto |
| 2006 | - | Introducción de los SIG. Herramienta ArcGIS y ArcView 👥 Rafael Crecente Maseda, Marcos Boullón Magán, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Miguel Cordero Souto, Manuel Pérez Gómez |
| 2006 | - | Plan de desarrollo rural de Galicia 👥 Rafael Crecente Maseda, David Miranda Barrós |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2013 | Ciencia de xeodatos | Clasificación de los usos del suelo en una zona rural con datos lidar multitemporales |
| Publicación | 2013 | Ciencia de xeodatos | Modelling stand biomass fractions in Galician Eucalyptus globulus plantations by use of different LiDAR pulse densities 👤 Eduardo González-Ferreiro, David Miranda, Laura Barreiro-Fernández, Sandra Buján, Jorge García-Gutiérrez, Ulises Diéguez-Aranda |
| Publicación | 2012 | - | Land use classification from Lidar data and ortho-images in a rural area 👤 Buján, S., González-Ferreiro, E., Reyes-Bueno, F., Barreiro-Fernández, L., Crecente, R., Miranda, D. |
| Congreso | 2012 | - | Classification of a forest area using features derived from lidar data |
| Congreso | 2012 | - | Using the PNOA low density lidar data for assessing Pinus radiata D. Don stand volume 👤 González-Ferreiro, E., Diéguez-Aranda, U., Gómez-Vázquez, I., Crecente-Campo, F., Miranda-Barrós, D., Buján, S., Barreiro-Fernández, L., Castedo-Dorado, F. |