David Miranda Barrós

Coordinador
David Miranda Barrós, catedrático de universidade do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela (USC); conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión territorial. A súa carreira docente, investigadora e directiva céntrase no estudo das institucións e tecnoloxías na xestión territorial.
Durante este tempo, participou como investigador principal en 18 proxectos de I+D+i. Tamén foi investigador principal en 64 contratos de investigación con empresas privadas e institucións de goberno local e autonómico. Os resultados máis relevantes foron publicados en 50 artigos, 36 dos cales corresponden a revistas internacionais indexadas no JCR.
A capacidade de captación de financiamento mediante convocatorias públicas competitivas permitiu consolidar estruturas de investigación, como TeBio (Grupo de Investigación Territorio e Biodiversidade), coordinado por este profesor dende 2013. Tamén permitiu a contratación de máis de 15 investigadores durante os últimos 20 anos.
A xestión universitaria na USC ocupa un lugar significativo na súa carreira. Exerceu durante cinco anos como coordinador do Máster en Xestión Sostible do Territorio e desde 2013 é director científico do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC, unha plataforma que presta servizos de información xeoespacial a toda a comunidade universitaria. Tamén coordina na actualidade o programa de doutoramento en Xestión Sostible do Territorio da USC, desde a súa implantación no curso 2013/14.
Correo electrónico: david.miranda@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-9349-0904
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2007 | - | Actualización de la Encuesta de Infraestructuras y Equipamientos locales (E.I.E.L.) 2007 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, Jaime Caldeiro Pérez, Manuel Pérez Gómez, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González, María José Iniesto Alba |
| 2007 | - | Creación de un sistema de información catastral multipropósito en la parroquia de Vilcabamba, Cantón de Loja (Ecuador) 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Marcos Boullón Magán, Miguel Cordero Souto, Francisco José Ónega López |
| 2007 | - | Future Approaches to Land Development - FARLAND 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Francisco Ónega López, Marcos Boullón Magán |
| 2007 | - | Plataforma SIT 👥 David Miranda Barrós, Rafael Crecente Maseda |
| 2007 | - | Programa de Restauración de Aldeas para la inserción social de menores (INTERREG III. A. MILARIA) |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2012 | - | Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Láncara 👤 Crecente, R., Santé, I., Fra, U., Miranda, D., Díaz, C., Caldeiro, J., Trancón, L., Pérez, N., Pérez, M., Cañizares, A., Dieter, S., De Vega, A., Calderón, E. |
| Publicación | 2012 | - | Sistema de Información del Banco de Tierras de Galicia 👤 Porta, J., Parapar, J., García, P., Fernández, G., Touriño, J., Ónega, F. J., Díaz, P., Miranda, D., Crecente, R. |
| Patente | 2011 | - | Sistema de Información de Terras de Galicia (SITEGAL) 👤 Crecente, R., Miranda, D., Ónega, F. J., Díaz, P., Doallo, R., Touriño, J., Porta, J., Coladas, M., Parapar, J., García, P., Fernández, G., Méndez, X. |
| Publicación | 2011 | - | Land development dynamics by morphological areas: a case study of Ribadeo, NW Spain |
| Publicación | 2011 | - | Assessing the attributes of high density Eucalyptus globulus stands using airborne laser scanner data 👤 Gonçalves-Seco, L., González-Ferreiro, E., Diéguez-Aranda, U., Fraga-Bugallo, B., Crecente, R., Miranda, D. |