David Miranda Barrós

Coordinador
David Miranda Barrós, catedrático de universidade do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela (USC); conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión territorial. A súa carreira docente, investigadora e directiva céntrase no estudo das institucións e tecnoloxías na xestión territorial.
Durante este tempo, participou como investigador principal en 18 proxectos de I+D+i. Tamén foi investigador principal en 64 contratos de investigación con empresas privadas e institucións de goberno local e autonómico. Os resultados máis relevantes foron publicados en 50 artigos, 36 dos cales corresponden a revistas internacionais indexadas no JCR.
A capacidade de captación de financiamento mediante convocatorias públicas competitivas permitiu consolidar estruturas de investigación, como TeBio (Grupo de Investigación Territorio e Biodiversidade), coordinado por este profesor dende 2013. Tamén permitiu a contratación de máis de 15 investigadores durante os últimos 20 anos.
A xestión universitaria na USC ocupa un lugar significativo na súa carreira. Exerceu durante cinco anos como coordinador do Máster en Xestión Sostible do Territorio e desde 2013 é director científico do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC, unha plataforma que presta servizos de información xeoespacial a toda a comunidade universitaria. Tamén coordina na actualidade o programa de doutoramento en Xestión Sostible do Territorio da USC, desde a súa implantación no curso 2013/14.
Correo electrónico: david.miranda@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-9349-0904
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2012 | - | Sistema de Información del Banco de Tierras de Galicia 👤 Porta, J., Parapar, J., García, P., Fernández, G., Touriño, J., Ónega, F. J., Díaz, P., Miranda, D., Crecente, R. |
| Patente | 2011 | - | Sistema de Información de Terras de Galicia (SITEGAL) 👤 Crecente, R., Miranda, D., Ónega, F. J., Díaz, P., Doallo, R., Touriño, J., Porta, J., Coladas, M., Parapar, J., García, P., Fernández, G., Méndez, X. |
| Publicación | 2011 | - | Land development dynamics by morphological areas: a case study of Ribadeo, NW Spain |
| Publicación | 2011 | - | Assessing the attributes of high density Eucalyptus globulus stands using airborne laser scanner data 👤 Gonçalves-Seco, L., González-Ferreiro, E., Diéguez-Aranda, U., Fraga-Bugallo, B., Crecente, R., Miranda, D. |
| Congreso | 2011 | - | Análisis de las infraestructuras de datos espaciales como herramienta de gestión territorial |