David Miranda Barrós

Coordinador
David Miranda Barrós, catedrático de universidade do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela (USC); conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión territorial. A súa carreira docente, investigadora e directiva céntrase no estudo das institucións e tecnoloxías na xestión territorial.
Durante este tempo, participou como investigador principal en 18 proxectos de I+D+i. Tamén foi investigador principal en 64 contratos de investigación con empresas privadas e institucións de goberno local e autonómico. Os resultados máis relevantes foron publicados en 50 artigos, 36 dos cales corresponden a revistas internacionais indexadas no JCR.
A capacidade de captación de financiamento mediante convocatorias públicas competitivas permitiu consolidar estruturas de investigación, como TeBio (Grupo de Investigación Territorio e Biodiversidade), coordinado por este profesor dende 2013. Tamén permitiu a contratación de máis de 15 investigadores durante os últimos 20 anos.
A xestión universitaria na USC ocupa un lugar significativo na súa carreira. Exerceu durante cinco anos como coordinador do Máster en Xestión Sostible do Territorio e desde 2013 é director científico do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC, unha plataforma que presta servizos de información xeoespacial a toda a comunidade universitaria. Tamén coordina na actualidade o programa de doutoramento en Xestión Sostible do Territorio da USC, desde a súa implantación no curso 2013/14.
Correo electrónico: david.miranda@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-9349-0904
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 1997 | - | Asistencia Técnica para la elaboración de bases de datos y digitalización de las zonas que han sido objeto de concentración parcelaria en los ayuntamientos de Trabada y Ribadeo (Lugo) 👥 Carlos José Álvarez López, Rafael Crecente Maseda, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González |
| 1997 | - | Aplicación de los Sistemas de Información Geográfica al Sector agrario (COLUMELLA) |
| 1995 | - | Informe sobre los estudios de efectos ambientales de tres proyectos de aprovechamiento hidroeléctrico en el río Soldón Quiroga (Lugo) |
| 1994 | - | The improvement of the quality and marketability of sheep meat, produced in the less favoured areas -LCA- of the Community 👥 Mark Rowan Cropper, David Miranda Barrós |
| - | - | Aplicación de los sistemas de información geográfica a la planificación territorial 👥 Eduardo Zurita de la Vega, David Miranda Barrós |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 2011 | - | Location of mature forests from LIDAR data and aerial orthophotography |
| Congreso | 2011 | - | A comparative study between two regression methods on LiDAR data: a case study 👤 García‑Gutiérrez, J., González‑Ferreiro, E., Mateos‑García, D., Riquelme‑Santos, J. C., Miranda, D. |
| Congreso | 2011 | - | Density and individual tree height estimation in Pinus radiata plantations using LiDAR data 👤 González‑Ferreiro, Eduardo, Barbosa, Miguel, Barreiro‑Fernández, Laura, Bye, I. J., Buján‑Seoane, Sandra, Suárez, Juan C., Gonçalves‑Seco, Luis, Miranda, David |
| Congreso | 2011 | - | Diseño de un plan técnico de gestión utilizando nuevas herramientas de planificación forestal: combinación de simulación forestal y métodos de optimización numérica |
| Publicación | 2011 | - | Optimal subdivision of land in agrarian reform projects: an analysis using genetic algorithms 👤 Ferreira Neto, J. A., Carneiro dos Santos Junior, E., Fra Paleo, U., Miranda Barrós, D., César de Oliveira Moreira, M. |