David Miranda Barrós

Coordinador
David Miranda Barrós, catedrático de universidade do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela (USC); conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión territorial. A súa carreira docente, investigadora e directiva céntrase no estudo das institucións e tecnoloxías na xestión territorial.
Durante este tempo, participou como investigador principal en 18 proxectos de I+D+i. Tamén foi investigador principal en 64 contratos de investigación con empresas privadas e institucións de goberno local e autonómico. Os resultados máis relevantes foron publicados en 50 artigos, 36 dos cales corresponden a revistas internacionais indexadas no JCR.
A capacidade de captación de financiamento mediante convocatorias públicas competitivas permitiu consolidar estruturas de investigación, como TeBio (Grupo de Investigación Territorio e Biodiversidade), coordinado por este profesor dende 2013. Tamén permitiu a contratación de máis de 15 investigadores durante os últimos 20 anos.
A xestión universitaria na USC ocupa un lugar significativo na súa carreira. Exerceu durante cinco anos como coordinador do Máster en Xestión Sostible do Territorio e desde 2013 é director científico do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC, unha plataforma que presta servizos de información xeoespacial a toda a comunidade universitaria. Tamén coordina na actualidade o programa de doutoramento en Xestión Sostible do Territorio da USC, desde a súa implantación no curso 2013/14.
Correo electrónico: david.miranda@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-9349-0904
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| - | - | Convenio específico para la cotutela de la tesis doctoral de Roseni Aparecida de Moura |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2009 | - | Sistema SIG-Web para la gestión de las alegaciones a un Plan General de Ordenación Municipal |
| Publicación | 2009 | - | Sistema de Información Catastral Adaptado a la Realidad del Gobierno Local en Ecuador. El Caso de la Parroquia de Vilcabamba (Loja). |
| Congreso | 2008 | - | Evaluación de la calidad posicional de la cartografía catastral española. Un caso de estudio: Guitiriz (Galicia-España) 👤 Fernández Castro, P., Miranda Barrós, D., Iniesto Alba, M. J., Crecente Maseda, R., Carballo Cruz, P., Reyes, F. |
| Publicación | 2008 | - | GIS-based Planning Support System for rural land-use allocation |
| Congreso | 2008 | - | Approach and methologies for evaluation of land consolidation policies and example from Galicia, N.W. Spain |