Eduardo José Corbelle Rico

Membro
Eduardo José Corbelle Rico é Doutor Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de doutoramento no curso académico 2009-2010, coa tese “Abandono da agricultura e cambios da cuberta do solo” dirixida polos profesores Rafael Crecente Maseda e Inés Santé Riveira. Na actualidade traballa como profesor contratado doutor no Departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela. A maioría da súa docencia está vinculada con titulacións impartidas na Escola Politécnica Superior de Enxeñería do campus de Lugo, en materias relacionadas co uso de tecnoloxías da información xeoespacial.
Entre as súas liñas de investigación destacan o estudo das transformacións históricas do uso do solo e dos cambios históricos da paisaxe e o estudo dos mercados de terras rústicas. Desde 2017 é membro da sección de Ciencia, natureza e sociedade do Consello da Cultura Galega
e desde 2022 é investigador adscrito ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).
Correo electrónico: eduardo.corbelle@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-2382-6767
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2016 | - | Un enorme bazar o mercado de terras en Galicia |
| Publicación | 2016 | - | Una aproximación metodológica a los mecanismos endógenos de movilidad de tierras. 👤 María José Enríquez García, Eduardo Corbelle Rico |
| Congreso | 2015 | Xestión de terras | Recuperación de la tierra olvidada: localización de tierras en estado de abandono con potencial productivo en Galicia |
| Congreso | 2015 | Xestión de terras | El diagnóstico de la movilidad de tierras en Galicia, una oportunidad frente al desafío de la fragmentación institucional 👤 Enríquez García, María José, Corbelle Rico, Eduardo, Francisco José Ónega López, Crecente Maseda, Rafael |
| Congreso | 2015 | Xestión de terras | El mercado de tierras rústicas en Galicia: modelos de precios y movilidad a escala municipal |