Eduardo José Corbelle Rico

Membro
Eduardo José Corbelle Rico é Doutor Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de doutoramento no curso académico 2009-2010, coa tese “Abandono da agricultura e cambios da cuberta do solo” dirixida polos profesores Rafael Crecente Maseda e Inés Santé Riveira. Na actualidade traballa como profesor contratado doutor no Departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela. A maioría da súa docencia está vinculada con titulacións impartidas na Escola Politécnica Superior de Enxeñería do campus de Lugo, en materias relacionadas co uso de tecnoloxías da información xeoespacial.
Entre as súas liñas de investigación destacan o estudo das transformacións históricas do uso do solo e dos cambios históricos da paisaxe e o estudo dos mercados de terras rústicas. Desde 2017 é membro da sección de Ciencia, natureza e sociedade do Consello da Cultura Galega
e desde 2022 é investigador adscrito ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).
Correo electrónico: eduardo.corbelle@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-2382-6767
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2004 | - | Informe pericial relativo al deslinde y agrupación de 10 parcelas situadas en el ayuntamiento de Monfero 👥 Eduardo Corbelle Rico, Gil Docampo, Mariluz |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2011 | - | Orthorectification of QuickBird ortho-ready imagery: a case study over mountainous terrain |
| Publicación | 2011 | - | Presentación |
| Publicación | 2010 | - | Informe técnico para la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) en el marco del proyecto 'Adaptación a los Efectos del Cambio Climático' (Adaptaclima, Interreg IVB): 'Proposta metodolóxica para a avaliación dos efectos do cambio climático sobre a área xeográfica e distribución das producións agrarias de Galicia. Caso particular do viñedo'. |
| Congreso | 2010 | - | Evaluation of densities of forest mass employing high resolution digital images (Quickbird) through the identification of local maxima at digital numbers |
| Congreso | 2010 | - | Quality control of digital elevation model generated with LiDAR technology 👤 Barreiro Fernández, Laura, González Ferreiro, Eduardo, Corbelle Rico, Eduardo, Buján Seoane, Sandra, Miranda Barrós, David |