Eduardo José Corbelle Rico

Membro
Eduardo José Corbelle Rico é Doutor Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de doutoramento no curso académico 2009-2010, coa tese “Abandono da agricultura e cambios da cuberta do solo” dirixida polos profesores Rafael Crecente Maseda e Inés Santé Riveira. Na actualidade traballa como profesor contratado doutor no Departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela. A maioría da súa docencia está vinculada con titulacións impartidas na Escola Politécnica Superior de Enxeñería do campus de Lugo, en materias relacionadas co uso de tecnoloxías da información xeoespacial.
Entre as súas liñas de investigación destacan o estudo das transformacións históricas do uso do solo e dos cambios históricos da paisaxe e o estudo dos mercados de terras rústicas. Desde 2017 é membro da sección de Ciencia, natureza e sociedade do Consello da Cultura Galega
e desde 2022 é investigador adscrito ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).
Correo electrónico: eduardo.corbelle@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-2382-6767
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2014 | - | Recuperación e posta en produción de terras abandonadas: a visión do sector vacún leiteiro de Galicia como demandantes no mercado de terras |
| Publicación | 2014 | - | Urbanización, forestación y abandono. Cambios recientes en el paisaje de Galicia 👤 Corbelle Rico, E., Crecente Maseda, R. |
| Congreso | 2014 | - | Technology or policy? Drivers of regime change in NW Spain before and after the accession to European Economic Community 👤 Corbelle Rico, E., Butsic, V. |
| Publicación | 2014 | - | Evaluating IRENA indicator 'Risk of Farmland Abandonment' on a low spatial scale level: The case of Galicia (Spain) 👤 Corbelle-Rico, E., Crecente-Maseda, R. |
| Publicación | 2013 | Ordenación territorialCiencia de xeodatos | Classification of rural landscapes from low-density lidar data: is it theoretically possible? 👤 Sandra Buján, Eduardo González-Ferreiro, Laura Barreiro-Fernández, Inés Santé, Eduardo Corbelle Rico, David Miranda |