Eduardo José Corbelle Rico

Membro
Eduardo José Corbelle Rico é Doutor Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de doutoramento no curso académico 2009-2010, coa tese “Abandono da agricultura e cambios da cuberta do solo” dirixida polos profesores Rafael Crecente Maseda e Inés Santé Riveira. Na actualidade traballa como profesor contratado doutor no Departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela. A maioría da súa docencia está vinculada con titulacións impartidas na Escola Politécnica Superior de Enxeñería do campus de Lugo, en materias relacionadas co uso de tecnoloxías da información xeoespacial.
Entre as súas liñas de investigación destacan o estudo das transformacións históricas do uso do solo e dos cambios históricos da paisaxe e o estudo dos mercados de terras rústicas. Desde 2017 é membro da sección de Ciencia, natureza e sociedade do Consello da Cultura Galega
e desde 2022 é investigador adscrito ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).
Correo electrónico: eduardo.corbelle@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-2382-6767
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 2022 | - | Gestión innovadora para la valorización y resiliencia del espacio forestal: Proyecto FORVALUE 👤 Xurxo Loureiro Veira, Fernández Filgueira, C., Alonso, J.M., Corbelle Rico, E., Aboal Viñas, J., Alves, R., Caldas, B., Chaves, A., Covelo Míguez, X., Dans Del Valle, F., Fernández López, M.M., López López, O., López Luaces, M., Marey-Pérez, M.F.0, Nogueira, A., Nogueira, J. |
| Congreso | 2022 | - | Resiliencia a incendios forestales: análisis de diferentes experiencias en Galicia |
| Congreso | 2022 | - | Gestión innovadora para la valorización y resiliencia del espacio forestal: Proyecto FORVALUE 👤 Xurxo Loureiro Veira, Fernández Filgueira, C., Alonso, J.M., Eduardo Corbelle Rico, Aboal Viñas, J., Alves, R., Caldas, B., Chaves, A., Covelo Míguez, X., Dans Del Valle, F., Fernández López, M.M., López López, O., López Luaces, M., Marey-Pérez, M.F.0, Nogueira, A., Nogueira, J. |
| Publicación | 2022 | - | Land consolidation through parcel exchange among landowners using a distributed Spark‑based genetic algorithm. |
| Publicación | 2022 | - | Putting Land to Work: An Evaluation of the Economic Effects of Recultivating Abandoned Farmland. Land Use Policy 👤 Corbelle Rico, Eduardo, Patricio Sánchez-Fernández, Edelmiro López-Iglesias, Santiago Lago-Peñas, José-María Da-Rocha |