Eduardo José Corbelle Rico

Membro
Eduardo José Corbelle Rico é Doutor Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de doutoramento no curso académico 2009-2010, coa tese “Abandono da agricultura e cambios da cuberta do solo” dirixida polos profesores Rafael Crecente Maseda e Inés Santé Riveira. Na actualidade traballa como profesor contratado doutor no Departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela. A maioría da súa docencia está vinculada con titulacións impartidas na Escola Politécnica Superior de Enxeñería do campus de Lugo, en materias relacionadas co uso de tecnoloxías da información xeoespacial.
Entre as súas liñas de investigación destacan o estudo das transformacións históricas do uso do solo e dos cambios históricos da paisaxe e o estudo dos mercados de terras rústicas. Desde 2017 é membro da sección de Ciencia, natureza e sociedade do Consello da Cultura Galega
e desde 2022 é investigador adscrito ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).
Correo electrónico: eduardo.corbelle@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-2382-6767
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2016 | - | Evaluación de las rutas de transporte en la toma de decisiones para la aplicación de cenizas en áreas forestales 👤 Santillán-Fernández, A, Corbelle Rico, Eduardo, Omil, B., Fernández, A, Basurto, F, Santoyo-Cortés, H, Merino, A. |
| Publicación | 2016 | - | A mobilidade de terras en Galicia. Unha visión anovada |
| Publicación | 2016 | Xestión de terras | Demanda e oferta de terras nas explotacións gandeiras: quen dá máis? Estudo de caso nos concellos de Castroverde e Baleira (Lugo). |
| Publicación | 2016 | - | La compraventa de tierras rústicas en las zonas de especial interés agrario de Galicia: los trazos de un nuevo mapa sobre un viejo precepto 👤 María José Enríquez García, Eduardo Corbelle Rico |
| Publicación | 2016 | - | Morfología interpretativa de alta resolución usando datos lídar en la cuenca hidrográfica del río Paute en Ecuador |