Francisco Javier López González

membro
Francisco Javier López González (Ribadeo, 1963) é Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro de Montes e Licenciado en Xeografía, diplomado en Estudos Avanzados dende 2001.
É profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela na área de Expresión Gráfica na Enxeñaría dende 1997, tendo a súa docencia na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo. Na actualidade imparte aulas nos Graos en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, ademais de facelo no Máster en Planificación e Xestión Territorial e no IV Ciclo Universitario.
É membro do Laboratorio do Territorio (GI-1934 TB), grupo de investigación e docencia da USC onde o territorio en sentido amplo, e especialmente o territorio rural, constitúe o seu principal ámbito de traballo.
É autor de diversas publicacións sobre temática territorial e paisaxística, e participou en diversas obras de índole xeográfica. Coordinou asimesmo a edición de varias obras neste ámbito. Tamén participou en múltiples traballos relacionados coa docencia, na adaptación dos plans de estudo ao Espazo Europeo de Educación Superior, a xestión da USC e a organización académica do seu centro
Dende o ano 2014 ata 2019 foi o Coordinador no Campus de Lugo do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, adicando boa parte da súa actividade profesional a este cometido nese periodo e como colaborador na actualidade.
Correo electrónico: franciscojavier.lopez@usc.es
Código ORCID: https://orcid.org/0000-0002-3687-2797
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2001 | - | Ordenación del suelo rústico del término municipal de Pobra de Brollón (Lugo) 👥 Carlos José Álvarez López, Rafael Crecente Maseda, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González |
| 2001 | - | Elaboración de propuesta de candidatura a los programas LEADER+ Proder II |
| 2000 | - | Equipo de gestión de bases de datos alfanuméricas y cartográficas, para implementación de sistemas de información geográfica |
| 2000 | - | Colaboración de la USC en el Programa de Acción en Desarrollo Rural de Terra de Montes LEADER+ 👥 Carlos José Álvarez López, Rafael Crecente Maseda, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González |
| 1998 | - | Ordenación territorial del término municipal de A Capela (A Coruña) |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 1997 | - | Aplicación S.I.G. a un proyecto de ordenación rural - Ayuntamiento de O Páramo |
| Congreso | 1997 | - | Aplicación de Sistemas de Información Geográfica al estudio evolutivo de usos y estructura de la propiedad |