Francisco Javier López González

membro
Francisco Javier López González (Ribadeo, 1963) é Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro de Montes e Licenciado en Xeografía, diplomado en Estudos Avanzados dende 2001.
É profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela na área de Expresión Gráfica na Enxeñaría dende 1997, tendo a súa docencia na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo. Na actualidade imparte aulas nos Graos en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, ademais de facelo no Máster en Planificación e Xestión Territorial e no IV Ciclo Universitario.
É membro do Laboratorio do Territorio (GI-1934 TB), grupo de investigación e docencia da USC onde o territorio en sentido amplo, e especialmente o territorio rural, constitúe o seu principal ámbito de traballo.
É autor de diversas publicacións sobre temática territorial e paisaxística, e participou en diversas obras de índole xeográfica. Coordinou asimesmo a edición de varias obras neste ámbito. Tamén participou en múltiples traballos relacionados coa docencia, na adaptación dos plans de estudo ao Espazo Europeo de Educación Superior, a xestión da USC e a organización académica do seu centro
Dende o ano 2014 ata 2019 foi o Coordinador no Campus de Lugo do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, adicando boa parte da súa actividade profesional a este cometido nese periodo e como colaborador na actualidade.
Correo electrónico: franciscojavier.lopez@usc.es
Código ORCID: https://orcid.org/0000-0002-3687-2797
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2001 | - | Ordenación del suelo rústico del término municipal de Pobra de Brollón (Lugo) 👥 Carlos José Álvarez López, Rafael Crecente Maseda, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González |
| 2001 | - | Elaboración de propuesta de candidatura a los programas LEADER+ Proder II |
| 2000 | - | Equipo de gestión de bases de datos alfanuméricas y cartográficas, para implementación de sistemas de información geográfica |
| 2000 | - | Colaboración de la USC en el Programa de Acción en Desarrollo Rural de Terra de Montes LEADER+ 👥 Carlos José Álvarez López, Rafael Crecente Maseda, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González |
| 1998 | - | Ordenación territorial del término municipal de A Capela (A Coruña) |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2020 | Ordenación territorial | Plan Xeral de Ordenación Municipal de Guitiriz 👤 Alberte González Rodríguez, Juan Mario Crecente Maseda, Rosa Magadalena Fernández, Jorge Bernardo Gómez Cereijo, Eduardo Rego Ramil, Ana Crecente Maseda, Jorge Salvador Fernández, Manuel José López Guitar, Rafael Crecente Maseda, David Miranda Barrós, Lucía Trancón Loureiro, Nieves Pérez Rodríguez, Jaime Caldeiro Pérez, Carlos Díaz Redondo, Pablo Díaz Redondo, Pablo Ramil Rego, Inés Santé Riveira, Javier López González, Marcos Boullón Magán, Prof. Dr. Juan Piñeiro Chousa, Ada María Pérez Pico |
| Congreso | 2019 | - | Charlas temáticas: unha boa opción para dar a coñecer a universidade no ensino medio |
| Publicación | 2016 | - | A xestión das paisaxes culturais. O caso dos Camiños de Santiago 👤 Eliska Farkova, Juan Mario Crecente Maseda, Rafael Crecente Maseda, Francisco Javier López González, Jose María Tubío Sánchez |
| Congreso | 2015 | - | Emprego das novas tecnoloxías para facilitar o acceso do alumnado a un Máster da USC |
| Congreso | 2012 | - | Avaliación dun máster 'dende dentro' como ferramenta esencial para mellorar a súa calidade |