Francisco Javier López González

membro
Francisco Javier López González (Ribadeo, 1963) é Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro de Montes e Licenciado en Xeografía, diplomado en Estudos Avanzados dende 2001.
É profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela na área de Expresión Gráfica na Enxeñaría dende 1997, tendo a súa docencia na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo. Na actualidade imparte aulas nos Graos en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, ademais de facelo no Máster en Planificación e Xestión Territorial e no IV Ciclo Universitario.
É membro do Laboratorio do Territorio (GI-1934 TB), grupo de investigación e docencia da USC onde o territorio en sentido amplo, e especialmente o territorio rural, constitúe o seu principal ámbito de traballo.
É autor de diversas publicacións sobre temática territorial e paisaxística, e participou en diversas obras de índole xeográfica. Coordinou asimesmo a edición de varias obras neste ámbito. Tamén participou en múltiples traballos relacionados coa docencia, na adaptación dos plans de estudo ao Espazo Europeo de Educación Superior, a xestión da USC e a organización académica do seu centro
Dende o ano 2014 ata 2019 foi o Coordinador no Campus de Lugo do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, adicando boa parte da súa actividade profesional a este cometido nese periodo e como colaborador na actualidade.
Correo electrónico: franciscojavier.lopez@usc.es
Código ORCID: https://orcid.org/0000-0002-3687-2797
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2004 | - | Potencial Turístico de A Pontenova |
| Congreso | 2002 | - | En busca de indicadores de ruralidad a nivel europeo: dificultades para la delimitación de los espacios rurales de cara a una acertada aplicación de las iniciativas comunitarias de desarrollo rural 👤 López, F. J., Crecente, R. |
| Congreso | 2002 | - | Los usos del suelo analizados mediante SIG 👤 López, F. J., Crecente, R., Álvarez, C. J. |
| Publicación | 2002 | - | 'Población' |
| Publicación | 2002 | - | Población |