Francisco Javier López González

membro
Francisco Javier López González (Ribadeo, 1963) é Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro de Montes e Licenciado en Xeografía, diplomado en Estudos Avanzados dende 2001.
É profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela na área de Expresión Gráfica na Enxeñaría dende 1997, tendo a súa docencia na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo. Na actualidade imparte aulas nos Graos en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, ademais de facelo no Máster en Planificación e Xestión Territorial e no IV Ciclo Universitario.
É membro do Laboratorio do Territorio (GI-1934 TB), grupo de investigación e docencia da USC onde o territorio en sentido amplo, e especialmente o territorio rural, constitúe o seu principal ámbito de traballo.
É autor de diversas publicacións sobre temática territorial e paisaxística, e participou en diversas obras de índole xeográfica. Coordinou asimesmo a edición de varias obras neste ámbito. Tamén participou en múltiples traballos relacionados coa docencia, na adaptación dos plans de estudo ao Espazo Europeo de Educación Superior, a xestión da USC e a organización académica do seu centro
Dende o ano 2014 ata 2019 foi o Coordinador no Campus de Lugo do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, adicando boa parte da súa actividade profesional a este cometido nese periodo e como colaborador na actualidade.
Correo electrónico: franciscojavier.lopez@usc.es
Código ORCID: https://orcid.org/0000-0002-3687-2797
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 1998 | - | Conexión Secundaria-Universidade: ¿qué está a fallar nalgunhas titulacións técnicas? |
| Congreso | 1998 | - | Aplicación de GIS al estudio evolutivo de usos y estructura de la propiedad en el medio rural 👤 Álvarez López, Carlos José, Crecente Maseda, Rafael, Miranda Barrós, David, Fra Paleo, Urbano, López González, Francisco Javier, Marey Pérez, Manuel |
| Congreso | 1998 | - | Study of the evolution of agroforestry land use and property structure with GIS techniques |
| Congreso | 1998 | - | ¿Qué está a pasar coa asignatura de Debuxo nalgunhas titulacións técnicas? |
| Publicación | 1998 | - | Prácticas con Sistemas de Información Geográfica. Arcview |