Guillermina Fernández Villar

técnico
Guillermina Fernández Villar é Enxeñeira Agrónoma pola Universidade de Santiago de Compostela.
É membro do Laboratorio do Territorio e do Grupo de Investigación GI-1934 TB (Territorio e Biodiversidade) dende o ano 2024 como investigadora colaboradora e actualmente como investigadora predoutoral desde 2025. A súa tese doutoral céntrase no papel que as entidades de apoio do sector agrario comportan á hora de acompañar ás persoas recentemente incorporadas no mesmo e coñecidas como novas entrantes, contribuíndo de xeito global á investigación sobre a remuda xeracional agraria. Así mesmo colabora naqueles proxectos de investigación do grupo centrados na mesma temática.
As súas futuras liñas de traballo céntranse na transferencia de coñecemento interxeracional en como a investigación-acción participativa pode contribuír á mesma e ao desenvolvemento da gobernanza territorial. Con todo, pretende investigar como os sistemas agroecolóxicos encaixan nun novo paradigma agrario onde a participación, co-creación e sustentabilidade global son primordiais, para endiante poder contribuír ao deseño de políticas e proxectos a nivel local e rexional que poidan soster ditos sistemas.
Correo electrónico: guillermina.fernandez.villar@usc.es
Código ORCID: 0009-0004-1856-2236
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2024 | - | Guía para apoiar as persoas novas entrantes na agroecoloxía 👤 López Colmenero, Mª Elena Sánchez Antelo, Adrián, Onega López, Francisco José, Ribas Álvarez, Alfonso, Nieves Pérez Rodríguez, Fernández Piñeiro, Ángela, Fernández Villar, Guillermina |
| Publicación | 2024 | - | Aterrando no sector agrario: Como apoiar ás persoas novas entrantes no acceso á terra? 👤 Onega López, Francisco José, Nieves Pérez Rodríguez, Fernández Villar, Guillermina, López Colmenero, Mª Elena |
| Publicación | 2024 | - | Apoio a novas e novos entrantes no acceso a terras - experiencias inspiradoras |