Inés Santé Riveira

MEMBRO
Inés Santé Riveira é Doutora Enxeñeira Agrónoma pola Universidade de Santiago de Compostela, premio extraordinario de doutoramento por unha tese sobre planificación dos usos do solo rural. A súa actividade investigadora desenvólvese fundamentalmente dentro dos campos da ordenación do territorio, modelos e técnicas de planificación do uso do solo (análise multicriterio, optimización heurística e autómatas celulares urbanos), planificación e xestión da paisaxe, Sistemas de Información Xeográfica, sistemas de axuda á decisión espacial, participación pública na planificación territorial e PPGIS, instrumentos de xestión de terras e desenvolvemento rural.
Dende 2005 é profesora do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela, onde actualmente é profesora titular de universidade. Entre 2015 e 2018 foi directora do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, onde dirixiu os traballos para a elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia, a Guía de Cor e Materiais de Galicia, a Guía de Caracterización e Integración Paisaxística de Valados e a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia. Entre 2020 e 2024 foi directora xeral de Desenvolvemento Rural e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, colaborando na aprobación e aplicación da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
Investigadora en máis de noventa proxectos e contratos de investigación, coautora de máis de sesenta traballos de investigación, entre eles máis de trinta artigos do JCR, oito libros, dezasete capítulos de libro e outras publicacións.
Correo electrónico: ines.sante@usc.es
ResearchID: http://www.researcherid.com/rid/D-4074-2011
ORCID: https://orcid.org/0000-0002-1168-6605
Scopus Author ID: 6504450302
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2006 | - | Realización de cartografía 1:2000 👥 Rafael Crecente Maseda, Manuel Pérez Gómez, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Miguel Cordero Souto |
| 2006 | - | Realización de actividades para el cumplimiento de la meta instrumental para el fomento de la investigación estadística en temas de interés para Galicia 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, Marcos Boullón Magán, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González, Miguel Cordero Souto |
| 2005 | - | Implementación en soporte SIG de datos de ámbito municipal 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, Marcos Boullón Magán, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González |
| 2005 | - | Asesoramiento y asistencia técnica en el área de sistemas de información del territorio y elaboración de un S.I.G |
| 2005 | - | Realización de una Agenda 21 Local |