Inés Santé Riveira

MEMBRO
Inés Santé Riveira é Doutora Enxeñeira Agrónoma pola Universidade de Santiago de Compostela, premio extraordinario de doutoramento por unha tese sobre planificación dos usos do solo rural. A súa actividade investigadora desenvólvese fundamentalmente dentro dos campos da ordenación do territorio, modelos e técnicas de planificación do uso do solo (análise multicriterio, optimización heurística e autómatas celulares urbanos), planificación e xestión da paisaxe, Sistemas de Información Xeográfica, sistemas de axuda á decisión espacial, participación pública na planificación territorial e PPGIS, instrumentos de xestión de terras e desenvolvemento rural.
Dende 2005 é profesora do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela, onde actualmente é profesora titular de universidade. Entre 2015 e 2018 foi directora do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, onde dirixiu os traballos para a elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia, a Guía de Cor e Materiais de Galicia, a Guía de Caracterización e Integración Paisaxística de Valados e a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia. Entre 2020 e 2024 foi directora xeral de Desenvolvemento Rural e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, colaborando na aprobación e aplicación da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
Investigadora en máis de noventa proxectos e contratos de investigación, coautora de máis de sesenta traballos de investigación, entre eles máis de trinta artigos do JCR, oito libros, dezasete capítulos de libro e outras publicacións.
Correo electrónico: ines.sante@usc.es
ResearchID: http://www.researcherid.com/rid/D-4074-2011
ORCID: https://orcid.org/0000-0002-1168-6605
Scopus Author ID: 6504450302
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| - | - | Evaluación de la aplicabilidad de la herramienta OPEN RULES (Rural Land-use Exploration System) en el Ecuador 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, Andrés Manuel García Lamparte, Marcos Boullón Magán, Sebastián Astudillo Cordero |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2018 | - | A decision support system for farmland preservation: integration of past and present land use |
| Publicación | 2018 | - | La aptitud del suelo en la evaluación de tierras para la planificación territorial |
| Publicación | 2018 | - | Proposta de Rede de Itinerarios de Interese Paisaxístico 👤 Santé Riveira, I., Fernández Ríos, A., Fariña Costa, A., García Fernández, F., Fundación Galicia Sustentable |
| Publicación | 2017 | - | A aplicación da lei de protección da paisaxe de Galicia e a estratexia da paisaxe galega |
| Publicación | 2017 | - | Estratexia da Paisaxe Galega. Planificación 2017-2020 👤 Santé, I., Fernández, A.; Álvarez, J. L.; García, F. |