Inés Santé Riveira

MEMBRO
Inés Santé Riveira é Doutora Enxeñeira Agrónoma pola Universidade de Santiago de Compostela, premio extraordinario de doutoramento por unha tese sobre planificación dos usos do solo rural. A súa actividade investigadora desenvólvese fundamentalmente dentro dos campos da ordenación do territorio, modelos e técnicas de planificación do uso do solo (análise multicriterio, optimización heurística e autómatas celulares urbanos), planificación e xestión da paisaxe, Sistemas de Información Xeográfica, sistemas de axuda á decisión espacial, participación pública na planificación territorial e PPGIS, instrumentos de xestión de terras e desenvolvemento rural.
Dende 2005 é profesora do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela, onde actualmente é profesora titular de universidade. Entre 2015 e 2018 foi directora do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, onde dirixiu os traballos para a elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia, a Guía de Cor e Materiais de Galicia, a Guía de Caracterización e Integración Paisaxística de Valados e a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia. Entre 2020 e 2024 foi directora xeral de Desenvolvemento Rural e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, colaborando na aprobación e aplicación da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
Investigadora en máis de noventa proxectos e contratos de investigación, coautora de máis de sesenta traballos de investigación, entre eles máis de trinta artigos do JCR, oito libros, dezasete capítulos de libro e outras publicacións.
Correo electrónico: ines.sante@usc.es
ResearchID: http://www.researcherid.com/rid/D-4074-2011
ORCID: https://orcid.org/0000-0002-1168-6605
Scopus Author ID: 6504450302
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2017 | - | Guía de Cor e Materiais de Galicia 👤 Santé, I., Maroño, A.; Carregado, E.; Fernández, A.; Álvarez, J.L.; Castro, A.; Lamas, R.; López, C. |
| Publicación | 2016 | - | An open source GIS-based Planning Support System: Application to the land use plan of La Troncal, Ecuador: An open source GIS-based planning support system |
| Publicación | 2016 | - | A simulated annealing algorithm for zoning in planning using parallel computing 👤 Santé, I., Rivera, F. F., Crecente, R., Boullón, M., Suárez, M., Porta, J., Parapar, J., Doallo, R. |
| Publicación | 2016 | - | Análisis y validación de OpenRULES como herramienta de apoyo en la planificación de usos de suelo en el Ecuador. Aplicación al canton de La Troncal, Provincia del Cañar |
| Publicación | 2016 | Ordenación territorialCiencia de xeodatos | Información, TIG, participación, metodologías y herramientas: SIXOT una propuesta de integración |