Lucía Trancón Loureiro

técnico
Enxeñeira de Montes e Master en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio Territorio e Master en Enxeñaría para o Desenvolvemento do Medio Rural pola USC. No ano 2007 incorpórase ao grupo de investigación Te-Bio/LaboraTe, desenvolvendo na actualidade labores na categoría de técnico superior de investigación.
A formación continua no uso de tecnoloxías SIX, permítelle dar soporte técnico cualificado en proxectos de desenvolvemento e innovación no campo da xestión de servizos públicos e na área de ordenación e planificación do territorio. Os proxectos englobados nesta área destacan por ser procesos de planificación nos que os usos da terra, a propiedade e os recursos naturais, así como o marco lexislativo en materia de planificación urbanística e ordenación territorial e normativa sectorial, son compoñentes esenciais.
Outro campo de traballo é a xestión de terras e o desenvolvemento rural, no que a súa colaboración se enmarca no procesado de información de distintas fontes con ferramentas xeoespaciais, análise xeográfica e alfanumérico de variables, obtención de indicadores e xeración de informes científico técnicos e cartografía relacionada.
Correo electrónico: lucia.trancon@usc.es
Código ORCID: 0000-0001-9287-7464
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2012 | - | Formulación de un método de valoración territorial de la red de caminos en Galicia. ST-4604 👥 Rafael Crecente Maseda, Jaime Caldeiro Pérez, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Francisco José Ónega López, Manuel Pérez Gómez, Nieves Pérez Rodríguez, Lucía Trancón Loureiro |
| 2011 | - | Diseño de una metodología de inventario y caracterización de la red de caminos rurales (Galicia) - ST-4546 👥 Rafael Crecente Maseda, Jaime Caldeiro Pérez, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González, Manuel Pérez Gómez, Lucía Trancón Loureiro |
| 2009 | - | Delimitación del camino histórico de Santiago a Fisterra |
| - | - | Guía de estudos da paisaxe urbana |