Marcos Boullón Magán

membro
Marcos Boullón Magán é doutor en Ciencias Físicas pola USC e enxeñeiro Informático pola UNED. Ten publicacións no eido da computación de alto rendemento, programación paralela e sistemas distribuídos, así como en tecnoloxías de información xeográfica. Tamén participa activamente en congresos, cursos e proxectos nestas mesmas áreas. Fixo un traballo fin de carreira en optimización heurística aplicada á redistribución da terra, e unha tese de licenciatura en modelado do rendemento de código irregular en arquitecturas distribuídas complexas.
Logo de formarse no grupo de investigación Arquitectura de Computadores da USC, dende 2005 é membro do Laboratorio do Territorio onde desenvolve a súa actividade nunha contorna multidisciplinar enfocada na xestión sustentable da terra o do territorio. Hoxe en día as súas liñas principais de traballo son a programación e optimización de algoritmos de cálculo para o procesado de información con compoñente espacial, arquitecturas de programación en sistemas paralelos e distribuídos, procesado de grandes volumes de datos, deseño de bases de datos e computación segura.
Entre 2014 e 2020, e de novo dende 2022, Marcos é profesor do Departamento de Electrónica e Computación da USC onde ten ensinado en distintos graos (xeomática e topografía, paisaxe, pemes, empresa e tecnoloxía, enxeñaría civil, e robótica).
Correo electrónico: marcos.boullon@usc.es
Código ORCID: 0000-0001-8758-0340
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2000 | - | Herramienta de predicción del rendimiento de redistribuidores de datos para computaciones irregulares en HPF y MPI 👥 Francisco Fernández Rivera, Marcos Boullón Magán |
| - | - | Definición de tipologías para la clasificación de los asentamientos poblacionales que conforman el sistema territorial cantonal en Ecuador con fines de ordenación y gestión del territorio 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, Andrés Manuel García Lamparte, Marcos Boullón Magán, Fernando Pauta Calle |
| - | - | Evaluación de la aplicabilidad de la herramienta OPEN RULES (Rural Land-use Exploration System) en el Ecuador 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, Andrés Manuel García Lamparte, Marcos Boullón Magán, Sebastián Astudillo Cordero |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 2020 | - | El proyecto agridemo-f2f como ejemplo de aprendizaje peer-to-peer |
| Congreso | 2020 | - | Una década de uso de aplicaciones para apoyo a la gestión del grupo de investigación |
| Publicación | 2020 | Ordenación territorial | Plan Xeral de Ordenación Municipal de Guitiriz 👤 Alberte González Rodríguez, Juan Mario Crecente Maseda, Rosa Magadalena Fernández, Jorge Bernardo Gómez Cereijo, Eduardo Rego Ramil, Ana Crecente Maseda, Jorge Salvador Fernández, Manuel José López Guitar, Rafael Crecente Maseda, David Miranda Barrós, Lucía Trancón Loureiro, Nieves Pérez Rodríguez, Jaime Caldeiro Pérez, Carlos Díaz Redondo, Pablo Díaz Redondo, Pablo Ramil Rego, Inés Santé Riveira, Javier López González, Marcos Boullón Magán, Prof. Dr. Juan Piñeiro Chousa, Ada María Pérez Pico |
| Publicación | 2018 | - | An inventory of commercial demonstration farms in Europe |
| Publicación | 2017 | - | Practices Abstracts - FarmDemo: The Hub to share, improve and learn about farmer-to-farmer demonstrations. |