Marcos Boullón Magán

membro
Marcos Boullón Magán é doutor en Ciencias Físicas pola USC e enxeñeiro Informático pola UNED. Ten publicacións no eido da computación de alto rendemento, programación paralela e sistemas distribuídos, así como en tecnoloxías de información xeográfica. Tamén participa activamente en congresos, cursos e proxectos nestas mesmas áreas. Fixo un traballo fin de carreira en optimización heurística aplicada á redistribución da terra, e unha tese de licenciatura en modelado do rendemento de código irregular en arquitecturas distribuídas complexas.
Logo de formarse no grupo de investigación Arquitectura de Computadores da USC, dende 2005 é membro do Laboratorio do Territorio onde desenvolve a súa actividade nunha contorna multidisciplinar enfocada na xestión sustentable da terra o do territorio. Hoxe en día as súas liñas principais de traballo son a programación e optimización de algoritmos de cálculo para o procesado de información con compoñente espacial, arquitecturas de programación en sistemas paralelos e distribuídos, procesado de grandes volumes de datos, deseño de bases de datos e computación segura.
Entre 2014 e 2020, e de novo dende 2022, Marcos é profesor do Departamento de Electrónica e Computación da USC onde ten ensinado en distintos graos (xeomática e topografía, paisaxe, pemes, empresa e tecnoloxía, enxeñaría civil, e robótica).
Correo electrónico: marcos.boullon@usc.es
Código ORCID: 0000-0001-8758-0340
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 2002 | - | Migración de una aplicación MPI a una plataforma Grid |
| Congreso | 2001 | - | CoPa: a GIS based tool for land consolidation projects 👤 Touriño, J., Rivera, F. F., Álvarez, C., Dans, C. M., Parapar, J., Doallo, R., Boullón, M., Bruguera, J. D., Crecente, R., González, X. P. |
| Publicación | 2000 | - | A performance prediction tool for data redistribution between HPF and MPI codes for irregular computing |
| Publicación | 1999 | - | Predicción de rendementos de códigos irregulares no AP3000 |