Marcos Boullón Magán

membro
Marcos Boullón Magán é doutor en Ciencias Físicas pola USC e enxeñeiro Informático pola UNED. Ten publicacións no eido da computación de alto rendemento, programación paralela e sistemas distribuídos, así como en tecnoloxías de información xeográfica. Tamén participa activamente en congresos, cursos e proxectos nestas mesmas áreas. Fixo un traballo fin de carreira en optimización heurística aplicada á redistribución da terra, e unha tese de licenciatura en modelado do rendemento de código irregular en arquitecturas distribuídas complexas.
Logo de formarse no grupo de investigación Arquitectura de Computadores da USC, dende 2005 é membro do Laboratorio do Territorio onde desenvolve a súa actividade nunha contorna multidisciplinar enfocada na xestión sustentable da terra o do territorio. Hoxe en día as súas liñas principais de traballo son a programación e optimización de algoritmos de cálculo para o procesado de información con compoñente espacial, arquitecturas de programación en sistemas paralelos e distribuídos, procesado de grandes volumes de datos, deseño de bases de datos e computación segura.
Entre 2014 e 2020, e de novo dende 2022, Marcos é profesor do Departamento de Electrónica e Computación da USC onde ten ensinado en distintos graos (xeomática e topografía, paisaxe, pemes, empresa e tecnoloxía, enxeñaría civil, e robótica).
Correo electrónico: marcos.boullon@usc.es
Código ORCID: 0000-0001-8758-0340
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2008 | - | Proxecto SIGN-II. Infraestructura de Datos Espaciais para o Territorio Rural de Galiza-Norte de Portugal 👤 S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (20 personas), Instituto Politécnico de Viana do Castelo (20 personas), Instituto para o Desenvolvemento agrario da Regiao Norte (1 persona), Associacao forestal de Portugal (3 personas), Direcciao regial de agricultura e pescas do norte (10 personas), Comissao de viticultura da regiao dos vinos verdes (2 personas), Universidad de Santiago de Compostela (22 personas), Abraira, M. S., Aller, D., Arias, A., Caridad, J. A., Cidrás, T., Cuñarro, C., Díaz, J. M., Dorrego, X., Fanego, F. J., Fernández, R. J., Ferradáns, P., Fortes, N., Gallego, M., García, E., Martín, A., Román, M. B., Rodríguez, M. J., Serantes, I., Suárez, J.R., Turrado, J. D., Alonso, J., Brito, M., Castro, P., Fernándes, S., Guerra, C., Mamede, J., Martins, H., Martins, L., Mendes, B., Mourao, I., Paiva, A., Paredes, C., Pereira, C., Rey, J., Rodrigues, A. C., Santos, S., Silva, S., Carqueja, M.C., Alves, R., Cunha, J., Lima, R., Brandao, L., Cunha, P., Duque, P., Gonçalves, J. L., Guerner, J., Lima, J. M., Lira, C., Oliveira, J., Ramadas, I., Santos, H., Reis, J. L., Valente, M. R., Afonso, A., Boullón, M., Caldeiro, J., Calvo de Anta, R. M., Corbelle, E. J., Cordero, M., Crecente, R., Díaz, C., Díaz, P., Gregorio, E., Guimarey, B., López, F. J., Luis, E., Matilla, N., Miranda, D., Ónega, F. J., Pérez, M., Reyes, F. R., Santé, I., Torrado, E., Varela, I., Vega, M. D. |
| Congreso | 2007 | - | Analytical Performance Models of Parallel Programs in Clusters |
| Patente | 2007 | - | ESIXE, Extensión SIX para a Xestión de Espazos 👤 Marcos Boullón Magán, Carlos Rodríguez Rodríguez, David Miranda Barrós, Inés Santé Riveira, Rafael Crecente Maseda, Miguel Cordero Souto |
| Congreso | 2007 | - | Software Tools for Performance Modeling of Parallel Programs 👤 Diego R Martínez, Vicente Blanco, Marcos Boullón, José C Cabaleiro, Casiano Rodríguez, Francisco F Rivera |
| Congreso | 2007 | - | Desarrollo de una herramienta de código abierto para la gestión de espacios en la universidad |