Miguel Cordero Souto

TÉCNICO
Enxeñeiro de Montes, participou en diversos proxectos de I+D+i no eido dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) aplicados á ordenación do territorio, o desenvolvemento rural e a xestións de recursos naturais, tanto a nivel local, rexional e internacional.
Dende o 2004 é responsable técnico da plataforma tecnolóxica Sistema de Información Territorial (SIT) da USC. Está especializado en SIX, algoritmos de análise espacial, SIX de participación pública e en captura e modelado 3D de datos de sensores remotos; láser escáner terrestre, drons (con sensores ópticos e lidar) e xeorradar.
Na área de formación do SIT, organizou e impartiu cursos de SIX e sensores remotos. Participou como formador no Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio onde contribuíu ás materias de Xeomática e Técnicas de Captura de Información Espacial.
Ten experiencia na xestión de comunidades de montes veciñais en man común, tendo sido presidente e secretario de dúas delas nas montañas orientais de Galicia. É gandeiro a tempo parcial dende o 2013 cunha granxa extensiva de cabras e cabalos autóctonos na comarca dos Ancares.
Correo electrónico: miguel.cordero@usc.gal
Código Orcid: 0000-0002-8387-8892
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2006 | - | Levantamiento topográfico del entorno y obtención de la malla de los puntos de las fachadas de la torre de Castroverde 👥 Rafael Crecente Maseda, Miguel Cordero Souto |
| 2006 | - | Aplicación de los S.I.G en el ámbito agroforestal |
| 2006 | - | Curso de SIG en código abierto y código cerrado |
| 2006 | - | Introducción de los SIG. Herramienta ArcGIS y ArcView 👥 Rafael Crecente Maseda, Marcos Boullón Magán, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Miguel Cordero Souto, Manuel Pérez Gómez |
| 2006 | - | Introducción a los Sistemas de Información Geográfica 👥 Rafael Crecente Maseda, Marcos Boullón Magán, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Miguel Cordero Souto, Manuel Pérez Gómez |