Miguel Cordero Souto

TÉCNICO
Enxeñeiro de Montes, participou en diversos proxectos de I+D+i no eido dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) aplicados á ordenación do territorio, o desenvolvemento rural e a xestións de recursos naturais, tanto a nivel local, rexional e internacional.
Dende o 2004 é responsable técnico da plataforma tecnolóxica Sistema de Información Territorial (SIT) da USC. Está especializado en SIX, algoritmos de análise espacial, SIX de participación pública e en captura e modelado 3D de datos de sensores remotos; láser escáner terrestre, drons (con sensores ópticos e lidar) e xeorradar.
Na área de formación do SIT, organizou e impartiu cursos de SIX e sensores remotos. Participou como formador no Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio onde contribuíu ás materias de Xeomática e Técnicas de Captura de Información Espacial.
Ten experiencia na xestión de comunidades de montes veciñais en man común, tendo sido presidente e secretario de dúas delas nas montañas orientais de Galicia. É gandeiro a tempo parcial dende o 2013 cunha granxa extensiva de cabras e cabalos autóctonos na comarca dos Ancares.
Correo electrónico: miguel.cordero@usc.gal
Código Orcid: 0000-0002-8387-8892
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 2015 | Ordenación territorialCiencia de xeodatos | Interfaces urbano-forestales. Caracterización mediante LiDAR y ortoimágenes. Herramienta para la prevención y gestión del riesgo de incendios a escala local 👤 Sandra Buján Seoane, María José Enríquez García, Miguel Cordero Souto, Francisco Fernández Rivera, Jorge Martínez, David Miranda Barrós |
| Congreso | 2015 | - | Gis aplicado a estudios de arqueometría cerámica como aportación novedosa |
| Congreso | 2015 | - | VGLiDAR: Una herramienta de procesamiento de datos LiDAR en la GPU usando WebGL |
| Congreso | 2015 | - | Emprego das novas tecnoloxías para facilitar o acceso do alumnado a un Máster da USC |
| Publicación | 2014 | - | Geolocalización de yacimientos, piezas y resultados de análisis de muestras. 2ª parte. 👤 David Miranda Barrós, Beatriz Guimarey Fernández, Miguel Cordero Souto, Lántes Suárez, O., Díaz Rodríguez, M. |