Saltar ao contido

Miguel Cordero Souto

TÉCNICO

Dende o 2004 é responsable técnico da plataforma tecnolóxica Sistema de Información Territorial (SIT) da USC. Está especializado en SIX, algoritmos de análise espacial, SIX de participación pública e en captura e modelado 3D de datos de sensores remotos; láser escáner terrestre, drons (con sensores ópticos e lidar) e xeorradar.

Na área de formación do SIT, organizou e impartiu cursos de SIX e sensores remotos. Participou como formador no Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio onde contribuíu ás materias de Xeomática e Técnicas de Captura de Información Espacial.