Miguel Cordero Souto

TÉCNICO
Enxeñeiro de Montes, participou en diversos proxectos de I+D+i no eido dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) aplicados á ordenación do territorio, o desenvolvemento rural e a xestións de recursos naturais, tanto a nivel local, rexional e internacional.
Dende o 2004 é responsable técnico da plataforma tecnolóxica Sistema de Información Territorial (SIT) da USC. Está especializado en SIX, algoritmos de análise espacial, SIX de participación pública e en captura e modelado 3D de datos de sensores remotos; láser escáner terrestre, drons (con sensores ópticos e lidar) e xeorradar.
Na área de formación do SIT, organizou e impartiu cursos de SIX e sensores remotos. Participou como formador no Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio onde contribuíu ás materias de Xeomática e Técnicas de Captura de Información Espacial.
Ten experiencia na xestión de comunidades de montes veciñais en man común, tendo sido presidente e secretario de dúas delas nas montañas orientais de Galicia. É gandeiro a tempo parcial dende o 2013 cunha granxa extensiva de cabras e cabalos autóctonos na comarca dos Ancares.
Correo electrónico: miguel.cordero@usc.gal
Código Orcid: 0000-0002-8387-8892
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2011 | - | Experiencias en la implementación de un servicio de apoyo a la investigación para el manejo de información geoespacial: el sistema de información territorial de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Publicación | 2010 | - | Levantamento topográfico e construción dun sistema de información xeográfica da Muralla Romana de Lugo |
| Congreso | 2009 | - | ESIXE, a tool for space management in organizations |
| Patente | 2009 | - | ESIXE 2: Aplicación SIG de gestión de espacios en grandes organizaciones 👤 Rafael Crecente Maseda, Marcos Boullón Magán, David Miranda Barrós, Miguel Cordero Souto, Inés Santé Riveira |
| Congreso | 2008 | - | ESIXE, A tool for space management in the university |