Miguel Cordero Souto

TÉCNICO
Enxeñeiro de Montes, participou en diversos proxectos de I+D+i no eido dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) aplicados á ordenación do territorio, o desenvolvemento rural e a xestións de recursos naturais, tanto a nivel local, rexional e internacional.
Dende o 2004 é responsable técnico da plataforma tecnolóxica Sistema de Información Territorial (SIT) da USC. Está especializado en SIX, algoritmos de análise espacial, SIX de participación pública e en captura e modelado 3D de datos de sensores remotos; láser escáner terrestre, drons (con sensores ópticos e lidar) e xeorradar.
Na área de formación do SIT, organizou e impartiu cursos de SIX e sensores remotos. Participou como formador no Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio onde contribuíu ás materias de Xeomática e Técnicas de Captura de Información Espacial.
Ten experiencia na xestión de comunidades de montes veciñais en man común, tendo sido presidente e secretario de dúas delas nas montañas orientais de Galicia. É gandeiro a tempo parcial dende o 2013 cunha granxa extensiva de cabras e cabalos autóctonos na comarca dos Ancares.
Correo electrónico: miguel.cordero@usc.gal
Código Orcid: 0000-0002-8387-8892
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2010 | - | Introdución ós GIS con ArcGIS (4ª edición) |
| 2010 | - | Introdución ós GIS con ArcGIS (3ª edición) |
| 2010 | - | Sistema de Ayuda a la Decisión Espacial en la Ordenación Territorial de Ámbito Local (SADE-OTAL) 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, Eduardo Corbelle Rico, Andrés García Lamparte, Marcos Suárez Corral, Marcos Boullón Magán, Pablo Díaz Redondo, Manuel Pérez Gómez, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González, María José Iniesto Alba, Miguel Cordero Souto, Francisco José Ónega López |
| 2010 | - | Sistema de información geográfica del cabo Fisterra para su gestión paisajística |
| 2010 | - | Introdución ós GIS con ArcGIS (2ª edición) 👥 Rafael Crecente Maseda, Miguel Cordero Souto |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2017 | - | Procedural guide for data collection for a georeferenced inventory of open farms that engage in demonstration activities in Europe 👤 Marcos Boullón Magán, Miguel Cordero Souto, Lies Debruyne, Fleur Marchand, Claire Hardy, Lee-Ann Sutherland, Mathieu Merlhe |
| Publicación | 2017 | - | GVLiDAR: an interactive web-based visualization framework to support geospatial measures on lidar data |
| Congreso | 2016 | Ciencia de xeodatos | DTMofLabTe. Algoritmo de filtrado para la identificación de puntos terreno empleando datos LiDAR |
| Publicación | 2016 | - | Láser-escáner y modelos 3D. Las nuevas tecnologías al servicio de una mejor comprensión del Balneario romano de Lugo |
| Patente | 2015 | - | VISUALIZADOR GALLEGO DE DATOS LIDAR (VGLIDAR) |