Miguel Cordero Souto

TÉCNICO
Enxeñeiro de Montes, participou en diversos proxectos de I+D+i no eido dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) aplicados á ordenación do territorio, o desenvolvemento rural e a xestións de recursos naturais, tanto a nivel local, rexional e internacional.
Dende o 2004 é responsable técnico da plataforma tecnolóxica Sistema de Información Territorial (SIT) da USC. Está especializado en SIX, algoritmos de análise espacial, SIX de participación pública e en captura e modelado 3D de datos de sensores remotos; láser escáner terrestre, drons (con sensores ópticos e lidar) e xeorradar.
Na área de formación do SIT, organizou e impartiu cursos de SIX e sensores remotos. Participou como formador no Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio onde contribuíu ás materias de Xeomática e Técnicas de Captura de Información Espacial.
Ten experiencia na xestión de comunidades de montes veciñais en man común, tendo sido presidente e secretario de dúas delas nas montañas orientais de Galicia. É gandeiro a tempo parcial dende o 2013 cunha granxa extensiva de cabras e cabalos autóctonos na comarca dos Ancares.
Correo electrónico: miguel.cordero@usc.gal
Código Orcid: 0000-0002-8387-8892
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2005 | - | Plan de Conservación de las Zonas de Especial Protección de los Valores Naturales 👤 Ruíz, J., Fernández, R., Ramil, P., Crecente, R., Rodríguez, M., Romero, M. I., Muñoz, C., Blanco, J. M., Ferreiro, J., Rubinos, M., Alvite, R., Gómez, L., Cilero, C., Martínez, S., Díaz, R., Miranda, D., Santé, I., Hingio, B., Sinde, M., Fernández, P. A., Aneiros, M., Cordero, M., Pérez, B., Calvo, S., Díaz, E. R. |
| Publicación | 2005 | - | Evaluation of GRASS (5.0.3) using the common GIS functionalities |
| Publicación | 2004 | - | Actualización de atributos y realización de cálculos básicos con GeoMedia y Access: puntuación de las parcelas y los titulares |
| Congreso | 2000 | - | Estudio hidrológico de la cuenca alta del río Tea O Covelo (Pontevedra) |