Miguel Cordero Souto

TÉCNICO
Enxeñeiro de Montes, participou en diversos proxectos de I+D+i no eido dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) aplicados á ordenación do territorio, o desenvolvemento rural e a xestións de recursos naturais, tanto a nivel local, rexional e internacional.
Dende o 2004 é responsable técnico da plataforma tecnolóxica Sistema de Información Territorial (SIT) da USC. Está especializado en SIX, algoritmos de análise espacial, SIX de participación pública e en captura e modelado 3D de datos de sensores remotos; láser escáner terrestre, drons (con sensores ópticos e lidar) e xeorradar.
Na área de formación do SIT, organizou e impartiu cursos de SIX e sensores remotos. Participou como formador no Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio onde contribuíu ás materias de Xeomática e Técnicas de Captura de Información Espacial.
Ten experiencia na xestión de comunidades de montes veciñais en man común, tendo sido presidente e secretario de dúas delas nas montañas orientais de Galicia. É gandeiro a tempo parcial dende o 2013 cunha granxa extensiva de cabras e cabalos autóctonos na comarca dos Ancares.
Correo electrónico: miguel.cordero@usc.gal
Código Orcid: 0000-0002-8387-8892
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2019 | - | PpC: a new method to reduce the density of LiDAR data. Does its use affect the DTM accuracy? |
| Congreso | 2018 | - | FarmDemo: Valorize expertise through a joint ‘visionary framework’ for two H2020 projects 👤 Boelie Elzena, Peter Pareeb, Marleen Gysenc, Claire Hardyd, Lee-Ann Sutherlandd, Fleur Marchande, Lies Debruyne, Miguel Cordero Souto, Ivonne de Bruijn |
| Publicación | 2018 | - | An inventory of commercial demonstration farms in Europe |
| Publicación | 2017 | - | Practices Abstracts - FarmDemo: The Hub to share, improve and learn about farmer-to-farmer demonstrations. |
| Publicación | 2017 | - | Communication and Networking Plan |