Miguel Cordero Souto

TÉCNICO
Enxeñeiro de Montes, participou en diversos proxectos de I+D+i no eido dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) aplicados á ordenación do territorio, o desenvolvemento rural e a xestións de recursos naturais, tanto a nivel local, rexional e internacional.
Dende o 2004 é responsable técnico da plataforma tecnolóxica Sistema de Información Territorial (SIT) da USC. Está especializado en SIX, algoritmos de análise espacial, SIX de participación pública e en captura e modelado 3D de datos de sensores remotos; láser escáner terrestre, drons (con sensores ópticos e lidar) e xeorradar.
Na área de formación do SIT, organizou e impartiu cursos de SIX e sensores remotos. Participou como formador no Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio onde contribuíu ás materias de Xeomática e Técnicas de Captura de Información Espacial.
Ten experiencia na xestión de comunidades de montes veciñais en man común, tendo sido presidente e secretario de dúas delas nas montañas orientais de Galicia. É gandeiro a tempo parcial dende o 2013 cunha granxa extensiva de cabras e cabalos autóctonos na comarca dos Ancares.
Correo electrónico: miguel.cordero@usc.gal
Código Orcid: 0000-0002-8387-8892
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2017 | - | Procedural guide for data collection for a georeferenced inventory of open farms that engage in demonstration activities in Europe 👤 Marcos Boullón Magán, Miguel Cordero Souto, Lies Debruyne, Fleur Marchand, Claire Hardy, Lee-Ann Sutherland, Mathieu Merlhe |
| Publicación | 2017 | - | GVLiDAR: an interactive web-based visualization framework to support geospatial measures on lidar data |
| Congreso | 2016 | Ciencia de xeodatos | DTMofLabTe. Algoritmo de filtrado para la identificación de puntos terreno empleando datos LiDAR |
| Publicación | 2016 | - | Láser-escáner y modelos 3D. Las nuevas tecnologías al servicio de una mejor comprensión del Balneario romano de Lugo |
| Patente | 2015 | - | VISUALIZADOR GALLEGO DE DATOS LIDAR (VGLIDAR) |